O 9 de novembro celebramos o día da ciencia en galego. Tivemos o privilexio de contar na biblioteca co profesor de Química, e membro da nosa comunidade educativa, David Bruzos para a realización de tres obradoiros destinados a todo o alumnado do cole, co obxectivo principal de salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego.
Con el xogamos e experimentamos con cores e luces para entender de forma lúdica o fundamento de diversos fenómenos físicos e químicos.
Na galería de imaxes podedes observar varios dos experimentos realizados nos obradoiros.
Ao remate da actividade, todo o alumnado participante recibiu o seu carné de científico ou científica.