Hora de ler en 6º de EP

No presente curso escolar 2021/2022, a hora de ler, en 6º curso de Primaria,  realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura e incluídos dentro do programa Clube de Lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez e por Dna. María Pilar Iglesias Gómez , centrándose nos seguintes obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer e valorar a importancia do noso entorno e do planeta.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballamos coa prensa analizando noticias. Comprobamos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.

Unha vez traballado o libro , os alumnos realizaron un CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA, sobre os temas tratados no libro, que servirán de complemento ás actividades propostas en relación ao noso Proxecto Documental Integrado “ O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta”.

2º trimestre: libros comúns a todos os nenos e nenas.

  • Alguén roubou o inverno. Editado pola Deputación de Ourense . Conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza.
  • Cuentos para niños y niñas que quieren salvar el mundo de Carola Benedetto y Luciana Ciliento.

O libro traballouse nos meses febreiro , marzo e nas dúas primeiras semanas de abril do curso escolar 2021/2022 e versa sobre distintas personalidades que traballaron a prol do noso planeta facendo , en forma de conto, unha pequena biografía de cada un deles .


3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • Palabras de auga de Marcos Calveiro. Ed. Merlín.

O libro traballouse neste 3º trimestre  e relata unha viaxe ao interior do continente africano  . da súa cultura e das duras condicións de vida ás que se ven sometidos os membros do clan Wataki da tribu dos Kimba.
Como remate ao traballo realizado organizamos un novo CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA sobre devandito libro  e as actividades con el relacionadas.

  • Tu planeta te necesita de Philip Bunting.

O libro traballouse dentro da hora de ler e como complemento ás actividades relacionadas co noso PDI , sendo unha guía optimista para reducir, reciclar, reutilizar e renovar.