Ao longo do curso 2022/2023 volveu a funcionar o Club de lectura de 5º de Ed. Primaria como unha sección máis do Club de lectura do Manuel Sueirio.
Os libros traballados foron os seguintes:
O último día de clase do curso 2022/2023 despedimos ao alumnado de 6º cas e a entrega de premios aos mellores traballos fotográfics do concurso do Día do medio ambiente.
É ben sabido que no Sueiro vainos o do artisteo. E ninguén que os máis peques do cole para amosalo ao mundo.
Non o puidemos pasar mellor pintando as bags, e tamén a roupa, o pelo, a cara, ..., tiñamos pintura por todas partes!
Nesas bags tan chulas deixamos claro que somos uns ARTISTS. Serviron para gardar as nosas obras de arte: sculptures, yellow submarines, flowers, ladybirds, toda a arte nas nosas bags.
Foi o mellor remate de curso despois do traballo ben feito, porque ...
WE ARE SIMPLY THE BEST!
Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.
No curso escolar 2022/2023, a hora de ler, no 3º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.
A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez , centrándose nos seguintes obxectivos.
Obxectivos:
Actividades.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das bonecas.
Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas.
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
Alejandro, un rapaz de once años, quere dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.
Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS, LENDAS, FÁBULAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas propias viñetas. Un curso máis tamén realizamos a FORMACIÓN DE USUARIOS para un mellor uso do material da biblioteca e un mellor aproveitamento dos devanditos recursos.
“POR UN MUNDO CON MELLOR PINTA , CON LEO TRABALLAMOS A AXENDA 2030 ”
Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuou co coidado do medio ambiente e , polo tanto , traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. Sen embargo a temática neste curso para os alumnos de 3º curso centrouse no VALOR DA AUGA ( ODS 6. AGUA E SANEAMENTO ) para o noso planeta.
Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todas las persoas.
A garantía do subministro de agua en cantidade e en calidade suficientes é fundamental para el desenrolo da sociedade e para a loita contra a pobreza e as enfermidades en calquera parte do mundo. O carácter transversal da agua fai que sexa un recurso fundamental para o desenrolo sostible a nivel económico, social e ambiental.
A agua é, polo tanto, unha realidade económica e un recurso imprescindible no mantemento dos ecosistemas, pero sobre todo é un dereito esencial para a vida e a dignidade dos seres humanos.
O grupo de 3º de Educación Primaria centrouse en diversas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente, para elo utilizamos diversos materiais entre os que se encontraron os seguintes:
Libros da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Número de sesións: Unha por quincena.
Temporalización:
Metodoloxía:
Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno fose capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolvemos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotoulles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.
Obxectivos xerais:
Obxectivos específicos:
Contidos: