O18 de marzo do 2015 celebramos un acto moi especia para conmemorar a inauguración do noso novo escenario. Ao acto, cheo de teatro, música, danza e poesía, non faltaron autoridades de todo tipo, incluíndo ao excelentísimo director Xeral de Centros, Jose Manuel Pinal.
No Nadal do 2013 tivemos a sorte de contar co grupo folk Mel de Meiga. A cantante do grupo, Nadia Fonseca, visitou o centro e, xunto ao profe de música, ofreceron en acústico varios dos mellores temas da banda galega.
Master class que ofreceu o gran guitarrista José Rubio aos nenos e nenas de Crecente.. A continuación, ofreceu un pequeno concerto conxuntamente co batería Jesser Gil.
Todo un luxo contar unha figura de tanta fama e recoñecemento como o guitarrista José Rubio.