Skip to Content

 

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (familias)

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOSPARA A SELECCIÓN DOS RERESENTANTES DAS NAIS-PAIS

NO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS 21-NOVEMBRO 2024

Bo día familias,

No arquivo adxunto atoparedes a proclamación da persoa candidata á ser elexida como representante de nais-pais no Consello Escolar do centro.

Trátase dun órgano de goberno colexiado do centro educativo, polo ue é moi importante que podades participar nas eleccións, como votantes e electores, o  día 21 de novembroentre as 14:15h e as 16:15h na biblioteca do CEIP.

Pódense presentar reclamacións á candidatura proclamada durante os dous días seguintes a esta publicación (13 e 14 de novembro de 2024).

No arquivo adxunto envíovos tamén documentación na que atoparedes as funcións dos consellos escolartes dos centros educativos galegos.

Un saúdo agarimoso

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

AVISO IMPORTANTE

POLA PRESENTE INFÓRMASE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DA CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR (Resolución do 10 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/24).

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024-25

Bo día familias:

Nos arquivos adxuntos atoparedes a normativa sobre a renovación dos Consellos Escolares dos centros  dependentes da Consellería de Educación.

Tamén atoparedes o anuncio do sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral.

Para calquera dúbiba, tedes o teléfono fixo e o mobil do colexio: 886110194-619250465. A directora seá quen resolva as vosas posibles dúbidas ó respecto deste procedemento.

Saúdos a tod@s

Crecente, 16 de outubro de 2024

 

A dirección

AVISO RECOLLIDA VALES MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

AVISO IMPORTANTE

QUERIDAS FAMILIAS, NO ARQUIVO ADXUNTO ATOPAREDES OS HORARIOS PARA A RECOLLIDA DOS VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO.

TEDE EN CONTA QUE AS QUE NON POIDADES ADAPTAR A VOSA SITUACIÓN PARTICULAR ÓS DÍAS E HORAS DE RECOLLIDA PODEDES CONCERTAR CITA DE RECOLLIDA COA DIRECTORA A TRAVÉS DO 619250456.

 

UN SAÚDO AGARIMOSO

 

A DIRECCIÓN

MODIFICACIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-25

ERRO SUBSANADO LISTA LIBROS DE TEXTO 2ºEP

QUERIDAS FAMILIAS.

NO LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DE 2º CURSO DE E.PRIMARIA PUBLICADO O 16 DE XUÑO NA WEB HAI UN ERRO NOS DATOS DO PROXECTO DO CURSO. NO PDF QUE SE ENGADE A CONTINUACIÓN CONSTAN OS DATOS CORRECTOS.

DESCULPADE AS MOLESTIAS

A DIRECCIÓN

MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 2024-25

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

PARA O CURSO 2024-25

ESTIMADAS FAMILIAS:

No arquivo adxunto que acompaña a esta publicación atoparedes un documento pdf no que cada familia ten á súa disposición a lista de material e libros de texto para o vindeiro curso 2024-25. 

Tamén teredes esta lista en papel, xa que se entregará a cada alumno-a unha copia ó longo desta semana.

Distribuir contido


Browse for audio by

by Dr. Radut