Skip to Content

 

Blogues

Minutas Outubro

ÚLTIMO PROGRAMA DO CURSO 2014-2015

Aquí vos deixamos o derradeiro programa do curso 2014-2015. Con esta entrega, realizada para conmemorar o Día Internacional da Muller, quixemos rendir unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que, ao longo da historia, contribuiron a que este sexa un mundo mellor. Na maioría dos casos, nunca obtiveron o recoñecemento que merecían nunhas sociedades eminentemente machistas.

 

 PROGRAMA 8 - MESTRAS DE MESTRAS

INTRODUCCIÓN E PROGRAMAS 2012-2015

Este proxecto forma parte de As Ondas do Miño Comunicacións; e consiste na realización dun programa audiovisual, dirixido e presentado polos rapaces e rapazas do cole; e na que imos intercalando reportaxes sobre os diferentes actos e celebracións do centro; con outras seccións de carácter cultural, elaboradas e protagonizadas polos diferentes cursos de primaria e infantil (O Mundo en Cómic; Mestres de Mestres; publi-reportaxes; etc)

Os obxectivos fundamentais deste proxecto consiste en desenvolver as capacidades expresivo-comunicativas do noso alumnado, tanto a nivel verbal como non verbal; mellorar o nivel de lectura, sobretodo a primeira vista; afianzar e mellorar as habilidades lingüísticas en galego, tanto orais como escritas; e proporcionar un marco de unión entre o aprendizaxe e a tecnoloxía empregada para levar a cabo este proxecto.

A continuación deixámosvos algún dos mellores programas que xa levamos grabado nestes dous últimos anos. 

PROGRAMA PILOTO

FESTIVAL POLA GORRA (9/05/2015) - 3ª PARTE

Pero o momento culmen do "Festival pola Gorra", chegou coa actuación do grupo ourensán de "swingrock" Menage a Trois, que ofreceron unha selección dos seus mellores temas, que andan a grabar nos estudios Fase 4 de Xixón, da man do gran productor Carlos "Stro"

FESTIVAL POLA GORRA (9/05/2015) - 2ª PARTE

Os rapaces e rapazas da Aula i9 Band tamén quixeron amosar a súa arte cun pequeno concerto dentro da programación do "Festival pola Gorra"

 

 

 

Distribuir contido


Browse for audio by

by Dr. Radut