Ahí queda o 3º programa da nova RadioSieiro, a emisora de radio escolar do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro que forma parte do proxecto "Radio na Biblio" organizado polo departamento de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.
2º programa da nova RadioSieiro, a emisora de radio do cole de Crecente. Neste caso teremos un programa adicado ás abellas e no que tamén atoparemos outros contidos interesantes e formativos.
MÚSICA EMPREGADA:
-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)
Xa temos aquí o primeiro programa da nova RadioSieiro, creado polos nenos e nenas do cole de Crecente, baixo a supervisión dos Equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca Escolar e Actividades Complementarias e Extraescolares.
Neste cas, o capítulo de hoxe está adicado a todas as mulleres, nun día tan importante como é o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Agardamos que, xa dunha vez por todas, a desigualdade entre homes e mulleres non sexa máis que un mal soño.
Ata entón seguiremos traballando para educar ás nosas nenas e aos nosos nenos nos valores da igualdade, respeto e tolerancia.
Este curso 2017/2018 estreamos novo estudio da RadioSieiro. Débese a que o noso centro foi seleccionado, por méritos propios, para un proxecto innovador da Consellería de Educación chamado "Radio na Biblio"; o que nos permitiu adquirir o material necesario para montar unha verdadeira emisora de radio