PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (14 - 17 ABRIL)

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

 

MARTES

O círculo: actividadeESTAMOS CONECTAD@S.Buscamos por casa cousas que teñan forma de círculo (ou esfera)? Unhas son grandes, outras medianas, outras pequenas... (galletas, tapóns, pelotas, platos, rodas, pedras, envases, botóns, “lentejuelas”, gomas, xoguetes...)

(Sacádelle unha foto aos vosos obxectos circulares)

 

Déixovos este cadro de Kandinsky xa que é ideal para traballar a forma circular e ademáis os tamaños: grande, mediano, pequeño.

Facemos unha reinterpretación desta obra? Pódese reducir o número de cadrados e círculos e facelo cos materiais que teñades: pintando, recortando círculos e deixando que despois os nenos/as os ordenen por tamaños e os peguen, ou incluso, que eles/as mesmos/as debuxen círculos con vós e despois os recortades (deste xeito, traballamos tamén a grafomotricidade)

Cuadrados y círculos concéntricos” (1913) Wassily Kandinsky

Se vos animades a facer esta actividade, sacádelle unha foto e podemos facer unha “exposición virtual”.

Este é o meu cadro. Fixen os círculos de distintos xeitos para darvos ideas:

 

Déixovos estas ligazóns con máis VÍDEOS DAS FORMAS XEOMÉTRICAS para ir vendo ao longo dos días:

https://www.youtube.com/watch?v=eJVVoYYpdPE (canción del círculo Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=Xf5pZyMhPfY (canción del cuadrado Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=E6LkpqIm1PM (canción del triángulo Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=VmVDSgKsI3U (canción del rectángulo Lit.)

https://www.youtube.com/watch?v=gGBeyG1BKUY (Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=IHaY0uSZifs (Plim Plim)

https://www.youtube.com/watch?v=vPmjzqJOJEY (Smile and Learn)

https://www.youtube.com/watch?v=XLqWGuw1rWI (recopilatorio PinkFong)

https://www.youtube.com/watch?v=8ivbZvErSP0 (Cleo y Cuquin)

https://www.youtube.com/watch?v=xDy8Dhsiqeo (Cleo y Cuquin)

 

O MARTES é o día de inglés, que tal se vemos algún vídeo, conto... do que nos deixou a teacher Mariña no apartado de inglés?

 

 

MÉRCORES

BIBLIOSINDE. Podemos ver outro dos “contos contados” de Bibliosinde e facer un debuxo, títere... a partir del.

 

Tamén é interesante que sexan os propios nenos/as os que conten os contos. Algúns días poden contarvos eles/as o conto a vós. É unha actividade ideal para desenvolver a imaxinación, as habilidades lingüísticas, comprender e empregar nocións temporais (primeiro, despois; agora, despois, ao final...), establecer lazos causais (isto pasou porque...), etc.

 

MÚSICA. Os mércores son o día de música. Comparto con vós este recurso dixital que coñecín fai moi pouco e me parece moi interesante. Pódese xogar dende o ordenador, a tablet ou o teléfono:

Google Chrome music lab

 

Para os máis pequenos as opcións máis interesantes son “RHYTHM” e “KANDINSKY”.

 

Nun dos capítulos educativos de CLAN emitiuse un titorial no que se explica de forma moi clara e sinxela como utilizar estes dous xogos musicais (adiantar o vídeo ata o minuto 22:00)

APRENDEMOS EN CASA CON CLAN

Tamén hai xogos moi apropiados se tedes nenos/as maiores ou incluso para os adultos; para experimentar con ritmos, acordes, armonía...

 

No apartado de “música” o profe Javier fixo unha proposta moi divertida: fabricar instrumentos caseiros. Xa están publicados algúns dos que fixeron algúns alumnos e alumnas do cole.

 

 

XOVES

Actividades coas mans. Podemos ensinarlles aos peques a calcar as súas mans poñéndoas enriba dun folio. Podemos primeiro calcar a nosa e a deles e despois deixarlles que eles practiquen coa súa man ou debuxen a doutros membros da familia.

 

-Contamos cantos dedos temos nunha man e podemos escribilos, un en cada dedo.

-Despois podemos colorealas ou decoralas como máis nos guste.

Tede en conta se facedes actividades cos números na casa, que as nenas e nenos desta idade, aínda que recoñezan os números, ainda non son capaces de escribilos (están desenvolvendo esta capacidade) Moitos deles xa eran capaces de facer o 0 o 1 e o 2 sós. O 3 cóstalles bastante polo tipo de trazo que ten. Nas últimas semanas estabamos comezando co 4, que resulta máis facil de escribir (unha L e despois unha raia longa de arriba abaixo)

Xa estemos facendo números ou letras, neste momento, é importante que teñan o modelo á vista (escribirllo nun papel, mostrarllo nun libro...) : por exemplo na aula temos o abecedario e unha banda numérica do 0-10 á vista de todos e nas súas mesas unha tarxeta co seu nome en maiúsculas para ir aprendendo a escribilo.

 

-Coas nosas mans tamén podemos xogar a facer sombras (e de paso, perderlle o medo á escuridade). Aquí tedes algunhas ideas:

 

https://www.youtube.com/watch?v=CysUYEI7I34

 

-Canciónscoas mans:

https://www.youtube.com/watch?v=4NyPBD8Vilk (Cantajuego: as poñemos en clase)

https://www.youtube.com/watch?v=Exzodpp_qtA (la familia dedo Littlebabybum)

 

-Cancións para lavar as mans (moi importante nestes momentos):

https://www.youtube.com/watch?v=sshHj_oiigI (recopilatorio Pinkfong: lavar as manse outros hábitos saudables)

https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ (Sésamo)

https://www.youtube.com/watch?v=8u5ot2l7sSI (Lunnis)

 

 

VENRES

Circuito de psicomotricidade. Teño que darlle as grazas a Berta e a súa mamá por esta actividade, porque non se me ocorrería se non vise a Berta facendo un na súa casa.

 

É unha idea xenial para que os peques fagan exercicio: coma se estivesen nunha das clases do profe Alberto! O importante é buscar un lugar onde poder organizar o circuito sen que os nenos/as teñan obstáculos cos que se poidan facer dano.

Con cousas que teñades por casa podedes poñerlle probas nas que teñan que saltar, correr, reptar, encestar, manter o equilibrio, lanzar e recoller, etc.

 

Na páxina de pequeocio tedes “60 juegos dentro de casa con los niños”, dos cales os primeros son xogos de movemento.

É moi interesante a idea de crear espazos, pistas, etc. no chan con cinta de carroceiro porque vos permite inventar montóns de xogos diferentes e diferenzar espazos ou probas.

 

https://www.pequeocio.com/5-juegos-ninos-casa/

 

Tamén vos deixo estas ligazóns de videos:

-dun neno realizando un circuito en casa que vos pode dar algunha idea para adaptar este tipo de actividades á idade dos vosos fillos/as (eu evitaría os equilibrios sobre obxectos como os zancos ou sobre o papel hixiénico)

-e dunha mamá facendo exercicio co seu fillo (igual vos animades vós tamén!).

 

https://www.youtube.com/watch?v=RoaYVddZUCs

https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet