PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

Xa chegou a primavera! Que vos parece unha manualidade para darlle a benvida a esta nova estación do ano? Só necesitades un tubo de cartón; pintura; un cartón, cartolina ou papel para facer as ás e, para decorar, o que teñades a man na casa e a vosa imaxinación.

 

https://www.pequeocio.com/7-manualidades-infantiles-rollos-papel/

 

Outra actividade interesante sería plantar sementes. Por exemplo reutilizando envases de iogur, enchelos con algodón e introducir sementes que teñades na casa: garavanzos, fabas, lentellas... Se pode regar cada día e ir observando e/ou fotografando o seu crecemento.

 

MARTES

O meu nome: vos propoño unha actividade para facer co seu nome: consiste en escribilo en grande nunha folla e despois decorar as letras con pegatinas, repasando ou facendo puntiños con pintura de dedos, pegando papeis...

 

Nesta ligazón tedes actividades interesantes deste tipo para traballar co nome propio (ou co dos demais):

 https://www.imageneseducativas.com/actividades-divertidas-aprender-escribir-nombre/

 

Tamén podedes escribirlles o nome dos membros da familia e ir dicindo as letras que teñen, con cal comeza, remata, se algunha se repite...

Outra opción, sería escribirlles en maiúscula (ou escribir xuntos) os nomes das compañeiras/os de clase.

 

MÉRCORES

Xoguetes reciclados. Por exemplo: facerlle un burato a unha botella grande ou mediana e protexer os bordes con cinta ou outro material. Facer boliñas con papel de periódico, revistas, etc. (ou incluso utilizar tapóns) E cando estea lista...¡a encestar!

 

Contamos: ¿Cántas bolas encestastes? 1,2,3...

 

 

Outro xogo sinxelo, sería facer bolos con botellas de reciclaxe, ou calquera outra idea que se vos ocorra. Remítome as actividades con tapóns que vos enviei a semana pasada.

 

 XOVES

Xogos tradicionais. Hoxe vos envío esta ligazón a un xogo que, aínda que ten apariencia de novo, é de toda a vida. É todo un reto tamén para os maiores, e os peques poden aprender con vós (empregando unha corda, cordel, goma elástica...que teñades por casa):

https://www.ztringz.com/es-es/academia-ztringz

 

¿Qué xogos tradicionais coñecedes? Daqueles que nos ensinaban os avós/avoas cando eramos pequenos/as e podemos facer na casa.

 

VENRES

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:

https://www.youtube.com/watch?v=qNGXfnLqYXY (empregado na aula polo profe de AL)

https://www.youtube.com/watch?v=8EooNSe0oA4 (formas xeométricas)

https://www.youtube.com/watch?v=8sb2QTew-bA (sons de animales)

https://www.youtube.com/watch?v=hnyywsUbWOE (sons da casa)

 

 

Recordade que na páxina principal, tamén tedes recursos subidos polos especialistas e , na marxe dereita da pantalla, tedes os enlaces a “bibliosinde” con propostas moi interesantes e a “recursos TIC-infanti”.

O mestre de educación física recomenda entrar na web http://aulasgalegas.org/ na que tedes exercicios, clase de ioga para nenos, etc. ademais de moitas outras actividades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet