Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Visita a ZobraOs alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria viviron unha xornada en Zobra coñecendo de primeira man a riqueza da flora e fauna dos nosos montes e colaboraron no traballo de reforestación. Agradecer ao equipo de profesionais que nos guiaron durante toda a xornada. Listaxes de libros de texto impreso para o curso 2018/19Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2018-2019. O resto de libros de texto para os niveis 3º, 4º, 5º e 6º de EP seranlles asignados do Fondo Solidario a todos aqueles que o teñan solicitado. EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Visita á Catedral de Santiago de CompostelaRematamos o curso como remata o Camiño de Inverno, na Catedral de Santiago de Compostela. Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/19.
O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado: Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2018. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas no curso 2016/2017. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Excursión á CoruñaOs alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria foron onte visitar o Acuario. Publicación de listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2018/19Publícanse as listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2018/19. Para máis información dirixirse á Secretaría do centro.
Os alumnos e alumnas que obtiveron praza deben pasar polo centro entre o 20 e o 30 de xuño para formalizar a matrícula. Leo no recreoActividades de fomento da lectura aproveitando o bo tempo.
|
|