Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Obra de teatro representada polos alumnos de 3ºComo colofón á nosa Semana Cultural e ao Proxecto da Idade Media desenvolvido no centro durante todo o curso, no que participaron todos os alumnos e alumnas con distintos traballos e actuacións, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria representaron unha obra de teatro á que lle puxeron por título:
Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.
Requisitos: 1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado. 2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria. Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro do 26 de xuño ao 3 de xullo. Descarga de documentos: PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/ASEstán publicadas as Listaxes Definitivas de Admisión de Alumno/as. Tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro e son as seguintes: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/ASEstán publicadas as Listaxes Provisionais de Admisión de Alumno/as. Ábrese un prazo de reclamación dende o luns día 20 de maio ata o venres día 24, ambos inclusive, de non estar dacordo coa puntuación obtida. Para máis información deben pasar pola Secretaría do Centro. As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes: Admisión de alumnado para o curso 2013/2014A partires do vindeiro venres 5 de abril comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2013/14.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes: Celebramos o EntroidoPodedes ver as fotos na galería. ENTROIDO 2013Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós. Nesta ocasión atopámolos "rexuvenecidos", parece que se adicaron a levar unha vida sa e mesmo semella que fixeron exercicio. Cada día darannos unha consigna para que non acabemos enfariñados. Estade atentos!!!! O venres día 8....TODOS DISFRAZADOS!!!!!!!!
Carreiras Solidarias polas Vacacións en Paz
DÍA DA PAZCelebramos o Día da Paz solidarizándonos cos nenos e nenas do Sáhara e sacando todas as cousas "malas" do noso planeta.
|
|