Reapertura e modificación dos prazos do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. (DOG 6 de maio)

Os novos prazos do proceso son os seguintes:

MODIFICACIÓN DO CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Presentación solicitude de admisión Do 11 ao 18 de maio
Presentación documentación xustificativa  Ata 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  9 de xuño
Publicación das listaxes definitivas  26 de xuño

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 1 ao 10 de xullo

O centro permanecerá aberto en horario habitual de 9:00h a 14:00h. a partir do día 11 de maio.

AXUDAS COMEDOR

Segundo a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).. (DOG do 30 de marzo), as familias que dispoñan de beca de comedor (gratuidade total ou 1 €) poderán solicitar unha compensación do custo diario do menú polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Estas solicitudes deben tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES Código de procedemento ED601B). A partir do día 31 de marzo ata o 6 de abril (ambos incluídos).

 No caso de que non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo (Certificado dixital, DNIe, Chave 365) o equipo directivo axudará  ás familias nesta tramitación e terán que facilitar -por vía telefónica e/ou correo electrónico- os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería

c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 

A atención telefónica ás familias será en horario de 10:00 h. a 13:00h nos teléfonos : 986783936 e 661302438


Tamén poden solicitalo no endrezo: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.es

 

- DOG coa ORDE do 27 de marzo.

PECHE POR ESTADO DE ALARMA

 

ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO MENTRES DURE O PERIODO DE  ESTADO DE ALARMA

 (Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19., INSTRUCCIÓNS da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional)

PARA INFORMACIÓN OU CONSULTAS SERÁN ATENDIDOS NOS SEGUINTES MEDIOS:

TELÉFONOS:  986783936 – 661302438 (DE 10:00H. A 13:00H.)

EMAIL: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrivero/

 

INFORMACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO:

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Admisión de alumnado para o curso 2020-2021

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2020/2021.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 25 de marzo ao 14 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

ENTROIDO 2020

Chega un ano máis o entroido e con el Don Manuel e Dona Xertrudis.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 17:                                                          

Comeza o entroido

comenzan os  mandadiños,

neste ano do UNIVERSO

facemos por vir de MARCIANIÑOS.

MARTES 18:  

Coñecemos o Sistema Solar

onde todo xira arredor do Sol.

Ti trae lentes, sombreiro, fular

ou trae un parasol.

 MÉRCORES 19:


Despois dos días veñen as noites.

Despois do Sol vén a Lúa

Pon pixama, camisón ou bata,

iso xa é cousa túa.

 XOVES 20:

 Dise que Marte é encarnado

ti aproveita a cor dese planeta,

non te poñas encarnado

e trae pantalón, xersei ou

chaqueta.

VENRES 21:

Rematan os mandadiños

este ano do UNIVERSO,

mais para disfrazarte

pode ser de tema diverso.

FELIZ ENTROIDO 2020!

 

Distribuir contido