PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ENSINO OBRIGATORIO

 Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

ALUMNADO BENEFICIARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.

- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.

(Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00h. a 13:30h.)

• Prazo:

Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO. 

-IMPRESO-SOLICITUDE

- ORDE do 6 de novembro de 2020.

 

Calendario escolar curso 2020/21

Benvidos ao curso 2020/2021. 

Inicio das clases:

  • Día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll e 1º, 2º e 3º de primaria.
  • Día 11 de setembro incorporarase tamén o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º cursos de educación primaria.  

 

 

 

 

 

 

Publicación de listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva no servizo de comedor para o curso 2020/21.

Están publicadas  as listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2020/21. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro a partir do 1 de setembro e antes do día 10. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:

ANEXO II AUTODECLARACIÓN

 

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e reparto para o fondo solidario de libros de texto

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles corresponden. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou no documento seguinte:

En 5º de Primaria non lles corresponde libros de texto en papel xa que entran no programa de libro dixital E-DIXGAL.

O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro.

Listaxes de libros de texto e material impreso para o curso 2020-21

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2020-2021.

  • Os restantes libros de 4º EP e 6º EP seranlles asignados do Fondo Solidario do centro e entregados no mes de setembro.
  • Os libros do nivel de 3º EP deben esperar a saber se lles corresponden algúns do Fondo Solidario para despois mercar os que lles falten.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos)

5º (4 anos)

6º (5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021.

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2020/2021. 

Póden consultalas no centro.

Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 26 de xuño.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

Os alumnos e alumnas admitidos e admitidas deben formalizar a matrícula na secretaría do centro entre o 1 e o 10 de xullo.

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 19 de xuño de 2020. Preferentemente 

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Corrección de erros:

O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Documentos para descargar:

Distribuir contido