Visita a Pepe Carreiro

Hoxe, Día do Libro, os nenos de 1º de Primaria foron ó Museo a ver a Pepe Carreiro, debuxante dos personaxes tan coñecidos por todos, "Os Bolechas". Pepe Carreiro ensinounos como fai os seus debuxos e quedamos abraiados. ¡Que ben o fai!

Divertímonos moito!.

 Se queredes ver mais fotos, atópanse na Galería.

APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

O prazo para admisión de alumnos estará aberto dende o luns día 2 de marzo ata o martes 31 de marzo, ámbolos dous inclusive.

Poden pasar recoller os impresos polo centro en horario de 9.00h. a 14.00h.

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 


 

 

O venres celebramos o entroido, desfilamos todos no patio e pasamolo moi ben. Tivemos bruxas, demos, superheroes, gheisas, paiasos,...e ata nos veu visitar o clero. Non vos perdades as fotos.

BENVIDA

Esta é a nova páxina do CEIP Manuel Rivero de Lalín. Aínda estamos en construcción. Irémola enchendo pouco a pouco de información, novas, imaxes,... que sexan do interese de todos. Agardamos as vosas visitas. Dende o CEIP Manuel Rivero saúdos a todos e BENVIDOS.

Distribuir contido