A MOCHILA VIAXEIRA

Hoxe comeza a súa andaina A Mochila Viaxeira.

Viaxará por todos os fogares compartindo momentos de lecer e diversión coas familias.

  

LIBROS DE TEXTO 2009-2010

GRATUIDADE SOLIDARIA

 

O Goberno decidiu que variará o seu programa de gratuidade de libros de texto, así implantará neste curso o novo programa de GRATUIDADE SOLIDARIA, baseado en bolsas de axuda, que substituirá progresivamente ó modelo de préstamo vixente.

Os cursos que se ven afectados por este cambio serán 1º, 2º, 5º e 6º de primaria.

Os cursos de 3º e 4º de primaria seguirán disfrutando do sistema de préstamo cos lotes de libros que hai no centro.

O prazo para solicitar as axudas será do  1 ó 30 de setembro.

Os formularios pódense cubrir na rede, imprimilos e traelos ó centro impresos xunto coa documentación.

Pódese consultar toda a información relacionada co programa de GRATUIDADE SOLIDARIA (plazos, documentación, cuantía das axudas, descargar formularios de solicitude,...)  no seguinte enlace:

Mamá Cabra

 

Fomos ao Auditorio a ver unha actuación do grupo musical "Mama Cabra". Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben como se pode ver nas fotos que atoparedes na "galeria".

 

Os alumnos de E.I. visitan o Parque de Bombeiros

 

 

 ¡Por fin chegou o día tan esperado!

Os nenos/as de Educación Infantil visitaron o Parque de Bombeiros en Silleda. Pasárono moi ben e aprenderon moito. ¡Foi toda unha  "AVENTURA"!.

Moitas gracias ao Corpo de Bombeiros. 

Mais fotos.

Correlingua 2009

 

 

Os alumnos do 1º ciclo de Primaria acudiron á edición do Correlingua 2009 celebrada en A Estrada o pasado xoves 14 de maio, en representación do Ceip Manuel Rivero. Fotos.

Despois remataron o día cunha visita pola tarde ó Museo Etnográfico "Casa do Patrón" en Doade.

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están expostas no centro as listas definitivas de alumnos admitidos para o curso 2009-10.

17 de maio "DIA DAS LETRAS GALEGAS 2009"

 

Este ano a Real Academia Galega decidiu adicar o Día das Letras Galegas ó escritor e tradutor Ramón Piñeiro López.

Segundo indica a RAG o seu traballo supuxo un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber.

Se queres saber mais sobre o escritor pulsa aquí.

 

 

 

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISION DE ALUMNOS

Martes 28 de abril saen publicadas as listas provisionais de admitidos e non admitidos para 4º de E.I. 2009-10.

Poden consultarse no tablón de anuncios do centro e na Secretaría.

Ábrese un plazo de reclamación de 5 días a partir da data de publicación.

Distribuir contido