Samaín

Xa chega o Samaín, aquí tedes un xogo para que o pasedes ben!!!


Reunión comedor

O martes día 13 de setembro ás 20:30 horas da tarde, terá lugar na Biblioteca do centro unha reunión cos pais/nais de alumnos usuarios de comedor.

Ata setembro...

 


F E L I C E S    V A C A C I Ó N S


 

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio de cada ano celébrase o Día de Europa.

Ao longo de  toda a semana dende o 2 de maio ata o 9 de maio sucédense os actos conmemorativos desta data en todos os países da UE.

Hoxe o patio do noso colexio convirteuse nun crebacabezas xigante que representaba o mapa da Unión Europea. Colaboraron alumnos do noso colexio e do CPR Sagrado Corazón de Lalín.

Podedes ver as fotos na galería.


CELEBRAMOS O ENTROIDO

 

 

 

 

O venres celebramos o entroido. Pasámolo moi ben!!!!

Se queredes ver as fotos picade no enlace.

 

 

 

 

 

 

Calendario de solicitudes de admisión de alumnos

Está aberto do prazo de presentación de  solicitudes de admisión de alumnos para o curso 2011/2012, desde o 1 de marzo ata o 31 de marzo do 2011, ámbolos dous inclusive.

Para máis información, picar no seguinte enlace.

Cara o Entroido

Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós.

Cada día darannos unha consigna para que non acabemos enfariñados. Estade atentos!!!!

Este ano estarán relacionadas cos bosques, xa este ano está adicado á biodiversidade.

O venres día 4....TODOS DISFRAZADOS!!!!!!!!

LUNS 28: Pelo adornado con flores ou follas.

MARTES 1: Todos cun fermoso rabo!!!!!!!

MÉRCORES 2: Cornos ou orellas (De animal).

XOVES 3: Todos con bigotes.(De animal)

VENRES 4: Todos disfrazados!!!!!!!!!

Distribuir contido