Samaín 2012

Chegou o Samaín e o noso colexio encheuse se cabazas, arañas,...

Se queredes ver máis fotos picades na galería.

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2012-2013

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2012-2013.

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Letras Galegas 2012

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.

Aquí tedes unha presentación realizada polo IES Pedra da Aguia, para saber máis sobre a súa vida e obra.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Definitivas de Admisión de Alumnos.

Os alumnos admitidos deben pasar polo centro para  a formalización de matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

- Listaxe definitiva de admitidos para 4º de E.I. (3anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de E.I. (4anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 1º de Primaria.

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de Primaria.

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Provisionais de Admisión de Alumnos.

Ábrese un prazo de reclamación dende mañá día 27 de abril ata o  4 de maio inclusive, de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para  máis información deben pasar pola Secretaría do Centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

Día do Libro

     Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, comenza a Semana das Contadas dos Nenos.

     Como xa ven sendo costume cada ano por estas datas,os alumnos de 6º de Primaria exercen de contacontos. Durante a Hora de Ler, ao longo de toda a semana, van polas clases lendo contos e historias aos alumnos dos demais cursos.

     Sen dúbida é unha gratificante e motivadora experiencia para todos.

    Por uns intres, párase o reloxio, e somos transportados a un mundo de fantasía cheo de persoaxes, aventuras,....

     Boas lecturas, rapaces!!!!!!...e lembrade que, como dixo Thomas Carlyle, "Os libros son amigos que nunca decepcionan".

Prazo de admisión de alumnos/as para o curso 2012-2013

  O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012-2013 ABRANGUE DESDE O 1 DE MARZO ATA O 10 DE ABRIL INCLUÍDO.

   As prazas vacantes para o vindeiro curso, zona de influencia, prazos, ... e demais información, atópanse no taboleiro de anuncios do centro.

   Pódense recoller os impresos na Secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 horas.

   Datas e prazos:

1 DE MARZO  - 10 DE ABRIL INCLUIDO

PRAZO PARA  A ADMISIÓN  DE ALUMNADO

DO 11 DE ABRIL  - 20 DE ABRIL

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

DO 26 DE ABRIL -   30 DE ABRIL

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS / RECLAMACIÓNS

ANTES DO 11 DE MAIO

RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS / PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

DO 20 – 30 XUÑO

MATRÍCULA EDUCACIÓN INFALTIL E PRIMARIA

Celebramos o entroido.

Por fin o día máis esperado. As nosas aulas e o patio enchéronse de colorido e fantasía. Aquí tedes unha pequena mostra.

Podedes ver e descargar as fotos na galería.

Distribuir contido