Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Publicación de listaxes definitivas de admitidos para o fondo solidario de libros de textoEstán publicadas as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles corresponden. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou no documento seguinte: En 5º e 6º de Primaria non lles corresponde libros de texto en papel xa que entran no programa de libro dixital E-DIXGAL. O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro. Publicación de listaxe definitiva de usuarios admitidos para o servizo de comedor para o curso 2021/22Están publicadas as listaxes de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2021/22. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro ata o 15 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h ou a partir do 1 de setembro e antes do día 9. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace: Libros de texto e material impreso para o curso 021/2022.Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2021-2022.
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022.O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2021. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022. Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES. Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no centro para o curso 2021/2022 deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño. Admisión de alumnado para o curso 2021-2022A partir do vindeiro 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2021/2022. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
ENTROIDO 2021Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis. Estade atentos aos seus mandados!
Nadal 2020Este ano temos un Nadal diferente pero cheo de ilusión para os nenos e nenas do centro que queren compartir coas súas familias un ano máis as representacións navideñas que teñen preparadas e os seus mellores desexos nestas datas, que son os mesmos que os de todo equipo docente e non docente.
|
|