Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
DIA DAS LETRAS GALEGASCelebramos o Día das Letras Galegas. Durante toda a semana preparamos unha exposición sobre Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado. O venres tivo lugar na biblioteca un recital co que nos deleitaron os alumnos e alumnas de 6º con poemas do "Bardo do Courel". Podedes ver as fotos da exposición e o video do recital no "Blog da Biblioteca"
LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS E ALUMNAS ADMINTIDOS PARA O CURSO 2010/2011Está exposta no taboleiro a lista definitiva de alumnas e alumnos admintidos para o 4º curso de Educación Infantil (3 anos), para o vindeiro curso 2010/2011. O prazo para a formalización da matrícula será do 20 de xuño ata o 30 de xuño. DIA DAS LETRAS GALEGAS
UXÍO NOVONEYRA Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta courelán Uxío Novoneyra. Aquí tedes un video didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra elaborado polo CPI dos Dices (Rois) e o CEIP da Baña. Podedes atopar máis información sobre o escritos na Wiki elaborada polos alumnos de 5º e 6º e no blog da biblioteca, "O noso recuncho". Os traballos e os días de Uxío Novoneyra from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo. Semana do Libro
Os tres porquiñosOs alumnos de Educación Infantil de 3 anos representaron o conto "Os tres porquiños e o lobo". Fixérono moi ben estes futuros actores. Se queredes ver mais fotos picade na galeria.
APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNOSO prazo para admisión de alumnos para o curso 2010/11 estará aberto desde o luns 1 de marzo ata o martes 6 de abril, ámbolos dous inclusive. Poden pasar a recoller os impresos pola secretaría do centro en horario de 9,00h. a 14,00h. SEMANA DO ENTROIDOPara ver todas as fotos pica na galería XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!!Estabámolo esperando!!! Xa están aquí Dona Xertrudis e Don Manuel que veñen celebrar o entroido con nós. Como cada ano daránnos unha consigna diraria que nos librará de acabar enfariñados. Remataremos o VENRES DE ENTROIDO cunha gran festa de disfraces.
CONSIGNAS: LUNS: Debemos vir todos con algo orixinal na cabeza. MARTES: Todos cun coador colgado da cintura. MÉRCORES: Todos con mandil. XOVES: Temos que vir todos de garavata. VENRES: Cada un ven disfrazado da casa como quere.
DíA DA PAZ
A nosa actividade, todo o noso traballo dos últimos 25 anos (1985-2010), pretende difundir, na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos...para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi. (Manuel Dios Diz. Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.) MAGOSTOO venres 22 celebramos O Magosto. A primeira hora tuvo lugar o II Concurso de doces elaborado con productos de outono. Resultaron premiados: 1º PREMIO: Pudin de pan con noces. Presentado por Yeray e Aimar Díaz Peña, de 2º e 1º de Primaria. 2º PREMIO: Tarta de chocolate con noces. Presentada por Brais García Pol, de 5º de Primaria. 3º PREMIO: Madalenas de noces. Presentadas por Xabier Crespo de 1º de Primaria. MELLOR PRESENTACIÓN: Tronco recheo de crema de castañas con baño de chocolate. Presentado por Elena e Pablo González López , de E.I. de 5 anos e 3º de Primaria. A partir das 12:00h. celebráronse xogos tradicionais, asáronse castañas, e logo, por suposto, comémolas, e tamén os doces. Queremos agradecer aos pais e nais, e aos nenos e nenas, sobre todo de 5º e 6º, a súa colaboración. Se queredes ver as fotos todas clicade aquí.
II CONCURSO DE DOCES CON PRODUCTOS DO OUTONOO vindeiro venres día 20 de novembro celebraremos "O magosto".
O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración con Ravertiña (que xa anda apañando castañas), convocan o "II CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON PRODUCTOS DO OUTONO".
Animamos a todos/as pais/nais e alumnos/as a participar neste concurso que ten como premio a satisfacción de facer as ledicias de todos os nenos e nenas cando proben os vosos doces.
A recollida de doces farase o venres a partir das 9:00h.
A degustación levarase a cabo na biblioteca por un xurado escollido entre pais e nais así como mestres que queiran participar.
Boa sorte a todos.
|
|