LISTA DEFINITIVA DE ALUMNOS E ALUMNAS ADMINTIDOS PARA O CURSO 2010/2011

Está exposta no taboleiro a lista definitiva de alumnas e alumnos admintidos para o 4º curso de Educación Infantil (3 anos), para o vindeiro curso 2010/2011.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 de xuño ata o 30 de xuño.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

UXÍO NOVONEYRA

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta courelán Uxío Novoneyra.

Aquí tedes un video didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra elaborado polo CPI dos Dices (Rois) e o CEIP da Baña.

Podedes atopar máis información sobre o escritos na Wiki elaborada polos alumnos de 5º e 6º e no blog da biblioteca, "O noso recuncho".

Os traballos e os días de Uxío Novoneyra from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Semana do Libro

 Esta semana celebramos a semana do libro. Ravertiña, a nosa mascota, está moi leda.

Todos os días os alumnos/as de 6º agasaian aos nenos/as de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria coa lectura dun conto.

Moitas grazas a todos e...

¡Felices lecturas!

 
   

Os tres porquiños

Os alumnos de Educación Infantil de 3 anos representaron o conto "Os tres porquiños e o lobo".

Fixérono moi ben estes futuros actores.

Se queredes ver mais fotos picade na galeria.

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

O prazo para admisión de alumnos para o curso 2010/11 estará aberto desde o luns 1 de marzo ata o martes 6 de abril, ámbolos dous inclusive.

Poden pasar a recoller os impresos pola secretaría do centro en horario de 9,00h. a 14,00h.

SEMANA DO ENTROIDO

Para ver todas as fotos pica na galería

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!!

Estabámolo esperando!!!

Xa están aquí Dona Xertrudis e Don Manuel que veñen celebrar o entroido con nós.

Como cada ano daránnos unha consigna diraria que nos librará de acabar enfariñados.

Remataremos o VENRES DE ENTROIDO cunha gran festa de disfraces.

 

CONSIGNAS:

LUNS: Debemos vir todos con algo orixinal na cabeza.

MARTES: Todos cun coador colgado da cintura.

MÉRCORES: Todos con mandil.

XOVES: Temos que vir todos de garavata.

VENRES: Cada un ven disfrazado da casa como quere.

 

DíA DA PAZ

                                                               

 

 A nosa actividade, todo o noso traballo dos últimos 25 anos (1985-2010), pretende difundir, na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos...para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

(Manuel Dios Diz. Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.)

MAGOSTO

O venres 22 celebramos O Magosto.

A primeira hora tuvo lugar o II Concurso de doces elaborado con productos de outono.

Resultaron premiados:

1º PREMIO: Pudin de pan con noces. Presentado por Yeray e Aimar Díaz Peña, de 2º e 1º de Primaria.

2º PREMIO: Tarta de chocolate con noces. Presentada por Brais García Pol, de 5º de Primaria.

3º PREMIO: Madalenas de noces. Presentadas por Xabier Crespo de 1º de Primaria.

MELLOR PRESENTACIÓN: Tronco recheo de crema de castañas con baño de chocolate. Presentado por Elena e Pablo González López , de E.I. de 5 anos e 3º de Primaria.

A partir das 12:00h. celebráronse xogos tradicionais, asáronse castañas, e logo, por suposto, comémolas, e tamén os doces.

Queremos agradecer aos pais e nais, e aos nenos e nenas, sobre todo de 5º e 6º, a súa colaboración.

Se queredes ver as fotos todas clicade aquí.

II CONCURSO DE DOCES CON PRODUCTOS DO OUTONO

O vindeiro venres día 20 de novembro celebraremos "O magosto".

O Equipo de Normalización Lingüística en colaboración con Ravertiña (que xa anda apañando castañas), convocan o "II CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON PRODUCTOS DO OUTONO".

 

Animamos a todos/as pais/nais e alumnos/as a participar neste concurso que ten como premio a satisfacción de facer as ledicias de todos os nenos e nenas cando proben os vosos doces.

 

A recollida de doces farase o venres a partir das 9:00h.

 

A degustación levarase a cabo na biblioteca por un xurado escollido entre pais e nais así como mestres que queiran participar.

 

Boa sorte a todos.

 

 

OS ESQUÍOS DAN A BENVIDA AO OUTONO

Nós, coma os esquíos deste vídeo, tamén damos a benvida ao outono, que agora si que parece que chegou de verdade.

Esperamos que vos guste.

 

 

Dance of the Seasons from joe daniels on Vimeo.

Distribuir contido