Magosto

Celebramos o magosto con xogos, música, doces e... moitas castañas!

Tamén tivo lugar o "IV Concurso de Doces Elaborados con Froitos de Outono". Despois de moito deliberar o sufrido xurado outorgou os seguintes premios:

1º PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN

"Torta de queixo e frambuesas"

César Gómez - 6º de E. I.

2º PREMIO

"Torta de castañas"

Antía Nistal - 5º de Primaria.

3º PREMIO

"Biscoito de mandarina"

Nico Vázquez. 6º de E.I.

Queremos agradecer a colaboración a toda a comunidade educativa, en especial aos alumnos e alumnas de 6º e a todas as familias que cada ano se esmeran máis, como ben podemos comprobar.

Samaín 2012

Chegou o Samaín e o noso colexio encheuse se cabazas, arañas,...

Se queredes ver máis fotos picades na galería.

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2012-2013

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2012-2013.

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Letras Galegas 2012

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.

Aquí tedes unha presentación realizada polo IES Pedra da Aguia, para saber máis sobre a súa vida e obra.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Definitivas de Admisión de Alumnos.

Os alumnos admitidos deben pasar polo centro para  a formalización de matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

- Listaxe definitiva de admitidos para 4º de E.I. (3anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de E.I. (4anos).

- Listaxe definitiva de admitidos para 1º de Primaria.

- Listaxe definitiva de admitidos para 5º de Primaria.

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Están publicadas as Listaxes Provisionais de Admisión de Alumnos.

Ábrese un prazo de reclamación dende mañá día 27 de abril ata o  4 de maio inclusive, de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para  máis información deben pasar pola Secretaría do Centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

Día do Libro

     Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, comenza a Semana das Contadas dos Nenos.

     Como xa ven sendo costume cada ano por estas datas,os alumnos de 6º de Primaria exercen de contacontos. Durante a Hora de Ler, ao longo de toda a semana, van polas clases lendo contos e historias aos alumnos dos demais cursos.

     Sen dúbida é unha gratificante e motivadora experiencia para todos.

    Por uns intres, párase o reloxio, e somos transportados a un mundo de fantasía cheo de persoaxes, aventuras,....

     Boas lecturas, rapaces!!!!!!...e lembrade que, como dixo Thomas Carlyle, "Os libros son amigos que nunca decepcionan".

Distribuir contido