Gratuidade solidaria: Curso 2013/2014

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.


Para o alumnado de educación primaria e educación especial o prazo de solicitude é do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro do 26 de xuño ao 3 de xullo.

Descarga de documentos:

Orde da convocatoria.

Impreso solicitude. (Anexo I)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS

Están publicadas as Listaxes Provisionais de Admisión de Alumno/as.

Ábrese un prazo de reclamación dende o luns día 20 de maio ata o venres día 24, ambos inclusive, de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para  máis información deben pasar pola Secretaría do Centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do Centro, son as seguintes:

Admisión de alumnado para o curso 2013/2014

A partires do vindeiro venres 5 de abril  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2013/14.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2013-14
Publicación vacantes 4 de abril
Presentación solicitude de admisión Do 5 ao 17 de abril
Presentación documentación xustificativa Do 22 de abril ao 3 de maio
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos Até o 10 de maio
Publicación das listaxes definitivas Antes do 31 de maio
Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Celebramos o Entroido

Podedes ver as fotos na galería.

ENTROIDO 2013

Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós. Nesta ocasión atopámolos "rexuvenecidos", parece que se adicaron a levar unha vida sa e mesmo semella que fixeron exercicio.

Cada día darannos unha consigna para que non acabemos enfariñados. Estade atentos!!!!

O venres día 8....TODOS DISFRAZADOS!!!!!!!!

LUNS 4: Algo pintado na cara.

MARTES 5: Todos cun babeiro orixinal. 

MÉRCORES 6: Levaremos "algo" vendado.

XOVES 7: Con colares orixinais .

VENRES 8: Todos DISFRAZADOS!!!!!!!!!!!.

O noso Meco xa está disfrazado de "Cacharelo".


Carreiras Solidarias polas Vacacións en Paz

     Os alumnos do centro participaron nunha carreira solidaria coa finalidade de recaudar fondos para colaborar co programa "Vacacións en Paz" organizado para axudar aos nenos do Sahara que acuden a Galicia a pasar os dous meses de verán.

     Queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa e, en especial, ás familias pola aportación económica. Recaudáronse 748,10 euros.

     Moitas grazas a todos pola colaboración.

DÍA DA PAZ

     Celebramos o Día da Paz solidarizándonos cos nenos e nenas do Sáhara e sacando todas as cousas "malas" do noso planeta.

 

Nadal 2012

Os alumnos do CEIP Manuel Rivero  realizaron un Belén con materiais reciclables.

Distribuir contido