ENTROIDO 2014

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!

Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós. Como sempre debemos estár atentos aos seus mandados diarios, que este ano terán unha pequena novidade: súmanse cada día cos dos días anteriores.

Atentos rapaces se non queredes acabar enfariñados!

O venres... TODOS DISFRAZADOS!!!!

 

LUNS 24: Algo orixinal na cabeza.

MARTES 25: Algo orixinal na cabeza e tamén... no pescozo.

MÉRCORES 26:Algo orixinal na cabeza, no pescozo, e tamén...na cintura.

 XOVES 27: Algo orixinal na cabeza, no pescozo, na cintura e... tamén nas pernas.

VENRES 28: TODOS DISFRAZADOS!!!!

 

Magosto

O venres celebramos o magosto con xogos, música, castañas, doces,...

E como xa ven sendo habitual cada magosto, celebramos o V CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON FROITOS DE OUTONO, co seguinte resultado:

 

1º PREMIO:

"Pedras do Deza", presentado por Roberto Agra de 6º E.P.

2º PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN:

"Chupa chups de mazá recubertos de chocolate e froitos secos", presentado por Lara González Moure de 6º de E.I.

3º PREMIO:

"Torta de queixo e castañas", de Federico e Alex García Insaurralde de 4º E.P e 4º de E.I.

Queremos agradecer a todos os pais e nais a súa participación e tamén aos alumnos/as de 6º a colaboración na organización.

Se queredes ver máis fotos picade na galería.

 

 

 

 

SAMAÍN

Xa quedan pouquiños días para que chegue o SAMAÍN.

Reunión usuarios de comedor

O xoves día 5 de setembro ás 20:00h. (antes da de Educación Infantil),  terá lugar na biblioteca do centro unha reunión para os usuarios de comedor.

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2013/2014

Pódense consultar aquí as listaxes de libros de textro para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2013-2014.

CORREXIDOS ERROS NOS LIBROS DE 1º. (RELIXIÓN E MATEMÁTICAS).

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

Obra de teatro representada polos alumnos de 3º

Como colofón á nosa Semana Cultural e ao Proxecto da Idade Media desenvolvido no centro durante todo o curso, no que participaron todos os alumnos e alumnas con distintos traballos e actuacións, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria representaron unha obra de teatro á que lle puxeron por título:

A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO, O DEMO DOS CORNOS E OUTRAS HISTORIAS DO CAMIÑO.

 


Distribuir contido