Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Publicación de listaxe definitiva de usuarios admitidos para o servizo de comedor para o curso 2021/22Están publicadas as listaxes de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2021/22. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro ata o 15 de xullo en horario de 10:00h a 13:00h ou a partir do 1 de setembro e antes do día 9. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace: Libros de texto e material impreso para o curso 021/2022.Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2021-2022.
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021/2022.O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria. Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE. Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro. Prazo de presentación da solicitude: ata o 22 de xuño de 2021. Documentación: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores. Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022. Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro. Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES. Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no centro para o curso 2021/2022 deben pasar polo centro para formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño. Admisión de alumnado para o curso 2021-2022A partir do vindeiro 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2021/2022. Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
ENTROIDO 2021Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis. Estade atentos aos seus mandados!
Nadal 2020Este ano temos un Nadal diferente pero cheo de ilusión para os nenos e nenas do centro que queren compartir coas súas familias un ano máis as representacións navideñas que teñen preparadas e os seus mellores desexos nestas datas, que son os mesmos que os de todo equipo docente e non docente. PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ENSINO OBRIGATORIOPublicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020. ALUMNADO BENEFICIARIO: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR) Forma de presentación da solicitude: - Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un. - Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web. (Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00h. a 13:30h.) • Prazo: Do 16 ao 27 de novembro de 2020. O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO.- ORDE do 6 de novembro de 2020.
|
|