Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal
CEIP Manuel Rivero |
|
Enderezo: Rolda Leste, 41 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886159210 - Correo electrónico: ceip.manuel.rivero@edu.xunta.gal |
Iniciar sesión: Acceso
|
Visita dos alumnos e alumnas de 1º á oficina de Correos de Lalín
Segunda convocatoria de axudas para adquirir materiral escolarApróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Prazo de presentación de solicitudes: Do 11 ao 24 de novembro. Documentación que deben achegar xunto coa solicitude: Copia do libro de familia e orixinal para cotexar.
Documentos para descargar: Convocadas as axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16. Esta axuda está destinada a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Prazo de presentación Inicio do prazo: 02.09.2015 Fin do prazo: 01.10.2015 Para máis información picar no seguinte enlace. Documentos para descargar: Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de textoPóndense consultar as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles foron asignados. O reparto dos libros asignados levarase a cabo a principios de setembro. Serán avisados polo centro. Listaxe definitiva de admitidos e de reserva no comedor para o curso 2015/16Os alumnos/as admitidos no comedor escolar para o curso 2015/16 deben cubrir e entregar no centro, antes do 10 de setembro, o impreso de autodeclaración que poden descargar un recoller na secretaría do centro. Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2016/17Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de textro que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2016-2017. EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015/16A gratuidade solidaria para o próximo curso 2015/16 levarase a cabo mediante dous procedementos:
Para 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. Prazo de presentación de solicitudes: do 2 de xuño ata o 2 de xullo.
3º e 5º de Educación Primaria. Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao 30 de xuño. Devolución de libros adquiridos co vale: antes do 19 de xuño.
Documentos relacionados: Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para libros de texto Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto. Modelo de solicitude para axudas de libros de texto Modelo de solicitude para o fondo solidario de libros de texto Listaxe provisional de admitidos para o fondo solidario de libros de texto Listaxe provisional de excluídos para o fondo solidario de libros de texto PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-16Publicadas as Listaxes Definitivas de amisión de alumnado para o curso 2015-16. Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro. As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:
O alumnado admitido debe pasar polo centro para a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.
|
|