Admisión de alumnado para o curso 2018/19

              A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2018/19.

              Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-19
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 23 de marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Os alumnos, alumnas e mestres do IES Laxeiro presentáronnos en Turquía.

Vídeo de presentación elaborado polos alumnos, alumnas e mestres do IES Laxeiro dentro do programa .

 

Entroido

Baile de Entroido no patio.

Entroido

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manuel e Dona Xertrudis que van empezar o Camiño de Inverno.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 5:                                                          

Coma os Tonechos imos facer que para vir a Lalín 

puxeron as mellores galas,...e apareceron en pixama!

MARTES 6:

 O martes aínda na casa se comen sobras do cocido

e para demostralo, todos con rabo, orellas e fociño.

MÉRCORES 7:

 O entroido está cerca, ben o ves,

o mércores... todo do revés.

XOVES 8:

O camiño de inverno quero comezar.

Perdín os zapatos e traio un de cada par.

VENRES 9:

Pasiño a pasiño chegamos ao final do camiño.

Vístete como queiras, todo vale, amiguiño!

Datos de seguimento do proxecto ELISA

Saíu o primeiro número de ELISA conta, onde se poden ver os datos do seguimento do proxecto ELISA no que participa o noso centro.

 

Visita de Anxo Moure cos alumnos do IES Laxeiro

Recibimos de novo aos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Laxeiro, pero...esta vez veñen moi ben acompañados. Escenificaron historias do Carballo con Botas, que fixeron as ledicias dos máis pequenos.

 

Sesión de contacontos cos alumnos e alumnas do IES Laxeiro

Alumnos e alumnas do IES Laxeiro levaron a cabo unha sesión de contacontos, no marco do proxecto Tunnel of Time. Estiveron encantados os nosos alumnos de Educación Infantil, que esperan ansiosos outra visita con máis actividades. Moitas grazas a eles e aos seus mestres.

 

Distribuir contido