Entroido 2017

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manuel e Dona Xertrudis que van empezar a volta ao mundo.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 20:                                                         

China visitaremos

e algo de alí traeremos.

MARTES 21:

De safari a Kenia imos

e con algo de alí vimos.

MÉRCORES 22:

Por Europa en tren-hotel viaxamos

e co noso mellor pixama nos levantamos

XOVES 23:

A nosa viaxe en América rematamos

e con algo de alí nos preparamos 

VENTRES 24:

 Un pouco de aquí e un pouco de alá

para disfrazarse hoxe todo servirá.