Alumnado

RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

Un curso mais, a ONG Global Humanitaria pon en marcha a campaña solidaria «Mariola» de recollida de roupa e calzado usados coa que se dedica parte dos beneficios obtidos ao financiamento dos proxectos humanitarios dirixidos pola ONG en India.

 As familias que desexen colaborar poden facelo entregando no centro a roupa e calzado usado nunha bolsa pechada ata o luns 4 de marzo de 2024.

Para calquera dúbida ou consulta, Mariola Solidaria está á vosa disposición no correo electrónico info@csmariola.com ou no teléfono +34 96 651 66 56.

CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS PARA O DESFILE DE ENTROIDO

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles sobre as opcións que plantexamos para levar a cabo o desfile de entroido, considerando as condicións climatolóxicas que poden afectar a súa realización.

Dadas as variacións climáticas e as posibles inclemencias do tempo, elaboramos un plan alternativo para garantir a seguridade e o goce de todos os participantes no desfile.

A continuación, presentámoslles as opcións dispoñibles:

- Desfile ao aire libre (opción principal): no caso de que as condicións climáticas sexan favorables e non representen un risco para a saúde e seguridade do alumnado, o desfile levarase a cabo polas rúas da vila.

Desfile no interior do centro: si as condicións climáticas son desfavorables e representan un risco para a saúde dos participantes, preparamos un plan alternativo para realizar o desfile no interior das nosas instalacións. Habilitarase un percorrido para que o alumnado desfile no patio cuberto así como unha zona delimitada para o público. 

Queremos lembrarlles que o desfile de entroido é unha actividade organizada por e para o alumnado. Neste sentido, é fundamental que as familias nos axuden a manter un ambiente propicio para que os nenos e nenas poidan gozar plenamente da experiencia.

Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

Dende mañá martes día 23 de xaneiro e ata o día 5 de febreiro de 2024 procederase ao reparto de froita fresca ao alumnado de centro durante o período de lecer.
As froitas que se repartirán serán de tempada, atoparanse no seu grao óptimo de madurez de consumo e serán consumidas no seu estado natural, non podendo someterse a ningún procesamiento, incluído a elaboración de zume. A froita é unha fonte de nutrientes esenciais, vitaminas e minerais que contribúen ao crecemento, desenvolvemento e mantemento dunha boa saúde nos nenos. Consumir froitas regularmente non só promove un sistema inmunológico forte, senón que tamén favorece o rendemento cognitivo e axuda a manter niveis de enerxía estables ao longo do día.
Neste sentido, o colexio está comprometido en fomentar hábitos alimentarios saudables entre o alumnado. Para lograr isto de maneira efectiva, solicitamos a súa colaboración incidindo na importancia do consumo de froitas.

Prema na imaxe para coñecer un pouquiño mais sobre o programa:

Formación en Primeiros Auxilios

Este martes 17 tivo lugar no centro unha formación sobre primeiros auxilios e actuación en emerxencias escolares para profesorado e persoal colaborador do comedor escolar.

 

AbalarMóbil para as familias: formulario de consultas e incidencias

Se ten algunha consulta ou incidencia relacionada coa aplicación abalarMóbil, cumprimente o formulario premendo na seguinte imaxe:

ENTRADAS E SAÍDAS

ENTRADAS

Durante os meses de setembro e xuño o horario de entrada ao centro é ás 09:30 horas e de outubro a maio  ás  09:15 horas.

                                             ENTRADA

9:30h (setembro e xuño) //  09:15 (de outubro a maio)

CANCELA GRANDE

CANCELA APARCADOIRO

PORTA LUDOTECA

INFANTIL

1º EP

2ºEP

3ºEP

4º EP

5º EP

6º EP

Alumnado transportado e usuario do servizo de ludoteca “madrugadores”

 

SAÍDAS:

Durante os meses de setembro e xuño o horario de saída do centro é ás 14:30h e de outubro a maio ás 14:15 horas. 

Para unha mellor organización, a saída do alumnado de Educación Infantil levarase a cabo de maneir escalonada pola porta branca de acceso á ludoteca

SAÍDA NON USUARIOS COMEDOR

14:30//14:15

*PORTA LUDOTECA

CANCELA GRANDE

CANCELA APARCADOIRO

14:15//14:00: 4ºEI

1º EP

2ºEP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

14:20//14:05: 5º EI

14:25//14:10: 6ºEI

 

SAÍDA COMEDOR ESCOLAR:

SAÍDAS USUARIOS DE COMEDOR

CANCELA GRANDE

CANCELA APARCADOIRO

15:15h: 4º de EI

15:15h: 4º EP

15:20h: 5º e 6º de EI

15:20h: 5º EP

15:25h:  1º, 2º e 3º de EP

15:25h:  6ºEP

 

Descarga a versión para imprimir aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer