Skip to Content

Mobilidade e sustentabilidade

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Ao longo do presente curso 2023/2024, participamos no Programa de Mobilidade sostible e segura do Plan Proxecta 2023/24.

Este programa promove a mobilidade segura e sostible nós desenvolvémolo co alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria. Desenvolvemos un proxecto relacionado cos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles. Propuxemos a incorporación de accións, actividades, talleres... que de maneira práctica, contribúan á creación destes novos hábitos, e á creación de valores seguros como peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.

A CIENCIA E NÓS

O DÍA DA CIENCIA NA ESCOLA

Neste día espuxemos os nosos traballo baseados en principios científicos.

Por equipos e de xeito individual preparamos diferentes maquetas nas que mostramos as nosas ideas de como optimizar o uso da enerxía, o emprego de enerxías renovables, etc.

Podedes ver os nosos traballos nos seguintes videos realizados para "TV NEGUEIRÓS a tele que fala coma nós"

         

 

 

 

CONSTRUÍMOS UNHA ALDEA SUSTENTABLE E RESPECTUOSA COA PAISAXE

“UNHA ALDEA SUSTENTABLE”

Rematamos o noso produto final: a creación entre todas e todos dunha aldea sustentable.

Despois de traballar durante meses, por fin, puidemos comprobar o éxito do noso traballo.

A felicidade foi plena. Pica na imaxe para ver o proceso e o resultado.

Grazas!

A SUSTENTABILIDADE VISTA DENDE O NOSO ENTORNO

A SUSTENTABILIDADE DENDE A NOSA VISIÓN

Neste Genially podedes ver todos os traballos feitos, gozade del e xa nos contaredes,…

 

PLAN PROXECTA: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

VIVENDA E SUSTENTABILIDADE NO NOSO ENTORNO MÁIS PRÓXIMO

Os nosos ecosistemas están nun grave perigo porque o ser humano non respecta na maioría dos casos a súa diversidade a súa paisaxe, alterándoa con efectos irreversibles.

Os efectos tremendos van ser devastadores se non lle poñemos remedio…

Pero para poder axudar a salvalo é necesario que coñezamos os perigos que o acechan.

Este curso dentro do PLAN PROXECTA: VIVENDA E SUSTENTABILIDADE imos introducirnos no seu estudo.

Escomenzamos coa lectura do seguinte libro:

 

Ao remate desta tarefa escomenzaremos a traballar coas nosas unidades de Investigación e Coñecemento teremoslas colgadas na Aula Virtual na materia de Ciencias Naturais ou picando en:

                   VIVENDA E SUSTENTABILIDADE e A ENSEADA DE SAN SIMÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut