Skip to Content

1º Curso

"SAFARI"UNHA OBRA DE TEATRO CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu a obra de teatro "Safari" interpretada pola multipremiada compañía catalana "La Baldufa". Nesta ocasión mergúllase no delicado tema do bullying nas aulas. Ao longo da obra o alumnado puido comprobar como a educación, o respecto e o traballo poden facer cambiar unha situación e devolver a paz e a harmonía. Unha marabillosa lección para todos e todas.

O ALUMNADO DE 1º E 2º CURSO ASISTE AO TEATRO

O alumnado de 1º e 2º curso asistiu ao espectáculo músico/teatral “A nena e o grilo máis aló” creación de Magín Blanco e o Teatro Ghazafelhos É unha divertida aventura na procura de cousas insólitas que fixo que os nenos e nenas pasaran unha divertida velada.

ALUMNADO DE 1º CURSO VISITA APÍPOLIS

VISITA DE 1º CURSO AOS BOMBEIROS E AO TEATRO

O alumnado de 1º curso realizou unha saída pedagóxica aos bombeiros de Pontevedra que con moito agarimo lles ensinaron aspectos moi interesantes da súa profesión.

De seguido, e non sin antes tomarse unha boa merenda, asistiron a un espectáculo musical a cargo da Mamá Cabra titulado "Eu cociño, ti cociñas" que ten  como obxectivo, amáis de entreter e divertir,  propiciar uns bos hábitos alimenticios nos cativos.

VIDEO

Distribuir contido


by Dr. Radut