Skip to Content

Escomenzamos proxecto: QUE PODE ACONTECER SE DESCUBRIMOS QUE ...? Atrévete, iniciamos a aventura.

 

Un novo curso escolar escomenzou e con el un novo proxecto de centro.

 

Iniciámolo cheos de ilusión e con moitas  ganas de aprender traballando e xogando xuntas e xuntos. Vivimos a Idade Media e agora toca saber que…

Que foi e de quen foi o castelo ao longo dos séculos?

O curso pasado coñecemos a historia do Castelo de Soutomaior ata o remate da Idade Media, cando o neto de Pedro Madruga herda o castelo, e este queda esquecido no tempo.

Ante nós abríronse infinidade de dúbidas e a curiosidade por descubrir que pasara co castelo ata o día de hoxe.

Que ocorreu neses 600 anos de historia? Quenes foron os seus donos? Que fixeron nel? Puido ser outras cousas o castelo?

 

 

O noso Castelo quedou durmido durante 300 anos, abandoado a súa sorte, pero no SÉCULO XIX volve revivir, é dicir, o Castelo RENACE.

 

E neste  novo proxecto imos saber por que.

 

 

QUE ESCOMENCE A AVENTURA! ÍMONOS AO TEATRO!

 

Tedes que estar todas e todos moi atentos, xa que dende o teatro imos lanzar o 1º reto do proxecto e tedes que resolvelo, estará exposto na nosa biblioteca.



blog | by Dr. Radut