Skip to Content

REGUEIFANDO CON LUIS "O CARUNCHO" E PINTO DE HERBÓN

 

O mércores 5 tivo lugar no noso centro un obradoiro de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, extraordinario dúo de regueifeiros que nos transmitiron a súa paixón e bo facer na creación destes desafíos improvisados de caracter oral en verso, que teñen certa similitude co rap actual. Como podedes ver no vídeo, as súas improvisacións fixéronos rir un montón e o alumnado, ao rematar o obradoiro, poido interpretar as súas propias creacións. As regueifas amosan ser un interesante recurso para achegar a creación literaria, a poesía e a tradición oral aos cativos. Moitas grazas a Luís e a Pinto por facernos pasar uns intres tan divertidos.

 



blog | by Dr. Radut