NA PROCURA DO LARDEIRO
Nestas datas, con permiso dos nativos en Vilariño de Couso (Ourense), reinventamos a figura do Lardeiro, boneco típico do antroido desa zona. O xogo consistiu na agachada por parte das nenas dos seus lardeiros para logo ser atopados polos nenos. Despois os nenos agacharon os seus e as nenas saíron na súa procura .Nalgúns lugares a cousa remata nunha loita amistosa entre os dous sexos esnaquizando os bonecos, pero en vista das maravillas feitas polos nenos-as, axudados pola súas familias, este ano foron indultados.
Despois,non sin antes degustar os productos típicos do antroido, houbo un maravilloso desfile de desfraces e... FESTA RACHADA!!!