Skip to Content

Televisión Negueirós

ENTREVISTAMOS A ROSA RIVAS. "AS ESCOLAS DE ANTES"

"ENTREVISTAMOS A ROSA RIVAS"

 

 

Dentro do noso proxecto de Centro, investigamos o funcionamento das escolas de antes (anos 50)

 

Porque como sabedes, no Castelo houbo unha escola de Primaria e os mestres/as podían vivir nel.

 

Dentro da nosa investigación entrevistamos a Rosa Rivas, veciña de Arcade nacida no ano 1944.

 

Unha entrevista moi interesante, un auténtico documento para estudar como era a vida no rural galego

 

nos anos 50 e como era para unha nena ir á escola durante a súa nenez.

 

Un auténtico testimonio cheo de sentimentos e valores.

 

GRAZAS con maiúsculas Rosa.

 

Mil grazas por vir a nosa escola e formar parte dela.

Pica na imaxe para ver a entrevista.

 

 

AS ESCOLAS DE ANTES. ENTREVISTAMOS A ELIDA ESTÉVEZ. MESTRA XUBILADA.

ENTREVISTAMOS A ELIDA ESTÉVEZ. MESTRA XUBILDADA.

Nesta entrevista realizada a Dª Elida Estévez, natural de Filgueira (Crecente), descubrimos a paixón dunha mestra polo seu alumnado, a súa vocación pola profesión do ensino, a súa humanidade para cos nenos e nenas aos que lles impartíu aulas. En definitiva, descubrimos a unha persoa marabillosa, chea de sabiduría e de vivencias que nos levan a un tempo xa fuxidío. Deixádevos ir e escoitar con atención as súas verbas xa que estas vannos trasladar a outra época.

Esta entrevista vai ser a actividade motivadora para inicia a nosa investigación: "AS ESCOLAS DE ANTES" Tedes que escoitala e vela con moita atención nela imos aprender moitas cousas.

 

ENTREVISTA Á HISTORIADORA E INVESTIGADORA SILVIA CERNADAS MARTÍNEZ.

Polo “Día da muller” recibimos na nosa escola á historiadora e investigadora

Silvia Cernadas Martínez.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistíu a unha conferencia a cerca da figura de

“María Vinyals” a “Marquesa de Ayerbe”.

Unha das figuras máis relevantes que naceu e creceu no Castelo de Soutomaior, pasando así a formar parte da nosa historia.

Ao remate da charla tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista na

Radio TV escolar do Manuel Padín Truiteiro.

Pasando a ser esta, un auténtico documento histórico.

Mil grazas Silvia polo teu ben facer e por compartillalo con nós.

 

Dálle un click á imaxe e poderás ver a entrevista completa.

 

 

 

 

 

TV NEGUEIRÓS. I PARTE "RETAZOS DA NOSA HISTORIA: O CASTELO DE SOUTOMAIOR."

Benqueridos espectadores e espectadoras:

Escomenzamos a emisión de "TV Negueirós" co 1º capítulo da serie documental:


 "Retazos da nosa historia"

Neste 1º episodio imos falarvos da historia do castelo de Soutomaior e das súas partes.

Foi para nós un pracer imenso coñecer a nosa historia máis próxima, tiñamos á beira da porta un dos maiores tesouros da Idade Media:

“O CASTELO DE SOUTOMAIOR”

E a través dun proceso de investigación e traballando sempre en equipo, acadamos o obxectivo. Coñecer un pouco mellor parte da nosa historia.

Lembrando sempre que xuntas e xuntos facemos as cousas mellor.

Desexamos que vos guste este 1º programa. Grazas pola vosa atención. Vémonos en vindeiros programas.

“RADIO TELEVISIÓN NEGUEIRÓS

 

AS EMISORAS QUE FALAN COMA NÓS”

 

Distribuir contido


by Dr. Radut