Convócanse as seguintes axudas:
. Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).
. Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).
- Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.
- Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.
- Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.
. Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de Xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:00 sen cita previa, de luns a venres. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.
Calquera dúbida solucionarase por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
. Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).
. Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro.
. Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).
. Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).
. Declaración da renda 2019 (só se non permite a comprobación telemática).
. Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).
. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).
Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.
No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.
Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2019, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Se non se presentou a Renda no 2019, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.
Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 6 de maio de 2021.