Publicáronse as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-22.
O prazo de presentacion será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.
Os impresos poden recollerse nas oficinas dos rexistros municipais, ou imprimirse dende a sede electrónica.
A solicitude e os anexos, así como o resto de documentación poderá presentarse, previa cita, nos rexistros municipais, nos previstos na lei 39/2015 de 1 de outubro, ou no rexistro telemático.
Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.