A Xunta vén de emitir a Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes públicos e privados concertados, no curso 2020/21. Pode consultarse aquí.
Destinatarias: familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (segundo a suma dos recadros 432 + 460 da Renda do ano 2018).
Aquelas familias que percibiron este curso os 50 euros de axuda de material non terán que solicitar nada. O centro repartiralles máscaras á maior brevidade posible.
Prazo de Solicitude (para familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, que non recibiron axudas para material escolar): do 16 ao 27 de novembro do 2020, na propia secretaría do centro.
Cómpre pedir cita previa.