Como todos saberedes, abril é o Mes do Libro. Comeza co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o día 2, e remata o 23 co Día Internacional do Libro.
Certo que toda esta novidade do confinamento fixo que o Día do Libro Infantil pasase case desapercibido. Pero coa vosa axuda, a de toda a Comunidade Educativa, celebraremos un magnífico Día do Libro.
Gustaríanos que, para celebralo, todos compartamos o que estamos a ler. E cando digo todos, é todos: os avós, papá e mamá, ti, o teu irmán, os profes...
Para facelo será tan sinxelo como facervos unha foto ou un vídeo e subilo ó muro de Padlet que tedes a continuación. Só hai que premer no "+" para facelo. Tamén podedes facer comentarios. É moi doado. Pero se, aínda así, tedes dúbidas podedes obter máis información neste titorial:
https://drive.google.com/file/d/1Yv4V-5iDsi-OmyPqCOgU_eJ3jGFov2Ci/view
Si queredes subir un vídeo en vez dunha foto tedes tamén este outro titorial:
https://www.youtube.com/watch?v=v1wuriJIVDw&feature=youtu.be
Xa podedes empezar! O enlace seguinte levaravos ao muro para poder colgar as vosas experiencias. Lembrade saudar e poñer os vosos nomes.
https://padlet.com/ceipmmurguia/f1tnh4rvw3agfp2z
Aproveitamos para saudar e transmitirvos todo o noso apoio nestes momentos tan complexos que nos tocou vivir.
Desexarvos que todas as familias os encontredes ben e pronto volvamos á normalidade.
Unha aperta.
Equipo de Biblioteca