Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

 

  • Fondo Solidario de libros de texto para alumnado de 3º a 6º de EP.
  • Axudas para libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 170 euros.

             Rendas per cápita entre 5400 e 9000 euros -> 90 euros.

             Minusvalía igual ou superior ao 65% -> 250 euros.

  • Axudas para material escolar para todo o alumnado de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 50 euros.

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 22 de maio ao 22 de xuño.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Anexos I e II (nun mesmo formulario).
  • Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2016 (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (de ser o caso).
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais (só se o/a pai/nai non teñen DNI).

Presentarase unha única solicitude para TODOS OS IRMÁNS escolarizados no centro (estarán dispoñibles na conserxería).

No caso de realizar a solicitude por vía telemática (internet) deberán cubrir unha solicitude por fillo/a.

Para o cómputo da renda per cápita deberán sumarse as casillas 392 + 405 da declaración da renda do ano 2016 e dividirse polo número de membros da unidade familiar a día 31 de decembro de 2016.

 

Os alumnos que gozaron das axudas para libros de texto o pasado ano terán que facer a devolución de libros antes do día 22 de xuño.

Listado provisional de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 30 de xuño.

Listado definitivo de beneficiarios/excluídos do Fondo Solidario (3º a 6º): 5 de xullo.

Poden consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: 

Orde 9 de maio de 2018



page | by Dr. Radut