Este venres, día 2 de xuño, celebrarase o mercado do Proxecto Semente no Obelisco, en horario de 16:30 a 19:30. Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria deste colexio formaron unha cooperativa, chamada "Murguimagine". Durante varios meses, estiveron elaborando diversos produtos para vender neste mercado.
Agradeceríamos a súa asistencia e colaboración nesta actividade.