Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convócanse as seguintes axudas:

. Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).

. Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.
    • Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

. Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de Xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:00 sen cita previa, de luns a venres. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.

Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.es.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

. Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

. Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro.

. Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

. Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

. Declaración da renda 2019 (só se non permite a comprobación telemática).

. Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 

Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2019, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2019. Se non se presentou a Renda no 2019, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 6 de maio de 2021.

Días non lectivos 17 e 18 de maio

Os vindeiros luns 17 e martes 18 de maio non haberá clase, o primeiro día por conmemoración das Letras Galegas e o segundo por ser elixido polo noso centro como día non lectivo. Así, reanudaremos as actividades docentes o mércores, 19 de maio.

Listaxes Definitivas de Admitidos

Están publicadas as Listaxes Definitivas de Admitidos no taboleiro de novas do centro.

Como xa comunicamos nos listados provisionais, todas as familias que solicitaron praza están admitidas.

Lembrase a todos os admitidos que a finais de xuño deben pasar polo centro para facer efectiva a matrícula de cara ao vindeiro curso.

 

 

 

Programa "Cóxegas"

O vindeiro 3 de maio darán comezo as inscricións do programa de ocio e conciliación CÓXEGAS, que se desenvolverá dende o 1 ao 22 de xuño, de luns a venres de 16 a 18h.

As inscricións serán todas telemáticas no enlace: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Precisarase un mínimo de 6 escolares para a formación dun grupo.

Respectaranse os grupos burbullas actuais, que están a funcionar actualmente en cada centro nas actividades extraescolares, dacordo ao protocolo COVID do centro e ao específico elaborado pola empresa de prevención para esta actividade.

Achegamos documento coa información do programa.

 

Listaxes Provisionais de Admitidos

Están publicadas as Listaxes Provisionais de Admitidos no taboleiro de novas do centro.

Comunicar que todas as familias que solicitaron praza están admitidas.

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA COMEDORES ESCOLARES CURSO 2021/22

Publicáronse as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-22.

prazo de presentacion será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Os impresos poden recollerse nas oficinas dos rexistros municipais, ou imprimirse dende a sede electrónica.

A solicitude e os anexos, así como o resto de documentación poderá presentarse, previa cita, nos rexistros municipais, nos previstos na lei 39/2015 de 1 de outubro, ou no rexistro telemático

 

Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. 

MAIS INFORMACIÓN

Información do proceso de admisión para o curso 2021/22

Xúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Convocatoria do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/21(Realizarase o 25 de febreiro).

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

Benvidos ao Murguía!!

Achégase o momento de decidir en que centro queremos matricular ás nosas nenas e nenos. 

Dende o colexio preparamos algunhas iniciativas, con moita ilusión, para que poidades achegarvos ao noso centro; agardamos que pronto sexa tamén o voso:

* Un vídeo das instalacións exteriores.

* Un vídeo das actividades realizadas pola ANPA "As Lavandeiras", cun exemplo da actividades que realizan no centro.

* Unha visita a demanda, para que vos mergulledes dentro e vexades todas as instalacións ao voso antollo.

* Unha reunión virtual, na que vos presentaremos o que se fai no colexio e a liña pedagóxica que seguimos, ademais de responder a todas as vosas preguntas. Será o vindeiro xoves, 25 de febreiro, ás 16:30. Queredes unirvos? O procedemento é o seguinte: ese día, ás 16:30, tedes que clicar nesta ligazón e, poñendo un nome e unha conta de correo electrónico, xa podedes entrar na nosa sala virtual. Dita ligazón non estará operativa ata 5 minutos antes do comezo. Se tedes problemas para entrar, podedes enviarnos un correo electrónico nese momento a ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal. Estaremos pendentes!

Que non podedes vir? Non hai problema. Na sección contactar tedes o noso correo electrónico para transmitirnos as vosas dúbidas.

 

 

Días non lectivos

O próximo 7 de decembro (Día do ensino) e 8 de decembro (Día da Inmaculada Concepción) son días non lectivos.

O mércores 9 de decembro comezan outra vez as clases.

 

Reparto de máscaras para o alumnado

 A Xunta vén de emitir a Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e educación especial en centros docentes públicos e privados concertados, no curso 2020/21. Pode consultarse aquí.

Destinatarias: familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (segundo a suma dos recadros 432 + 460 da Renda do ano 2018).

Aquelas familias que percibiron este curso os 50 euros de axuda de material non terán que solicitar nada. O centro repartiralles máscaras á maior brevidade posible.

Prazo de Solicitude (para familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, que non recibiron axudas para material escolar): do 16 ao 27 de novembro do 2020, na propia secretaría do centro.

Cómpre pedir cita previa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut