Convócanse as seguintes axudas:
•Fondo Solidario de libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria).
•Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria).
-Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 210 euros.
-Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros:140 euros.
-Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.
•Axudas para material escolar (todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de xuño. Pode presentarse por internet na aplicación Fondolibros. Para a presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será de 9 a 9:50 os mércores e venres e de 13:10 a 14:00 os luns e martes. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa.
Calquera dúbida solucionarase por teléfono: 881960763 ou por correo electrónico: ceip.manuel.murguia@edu.xunta.gal
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
•Fotocopia do Libro de familia (imprescindible).
•Anexos I e II. Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou recollerse na conserxería do centro.
•Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).
•Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
•Declaración da renda 2020 (só se no se permite a comprobación telemática).
•Certificado de minusvalía (só se non se permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).
•Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).
•Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servizos Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).
Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.
No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán que cubrir unha solicitude por fillo.
Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2020, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020. Se non se presentou a Renda no 2020, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.
Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 29 de abril de 2022.