Skip to Content

Xornada de portas abertas

O vindeiro día 26 de febreiro, mércores, ás 16:30, terá lugar a xornada de portas abertas no noso colexio, para todo o mundo que queira asistir. Nela informarase acerca de aspectos básicos do funcionamento, instalacións, alumnado, profesorado... e calquera aspecto que lles poida interesar, con vistas a escolarizar aos seus fillos/as para curso 2014/15.

Admisión para o curso 2014/2015

En breve comezará o proceso de admisión de alumnado para o curso 2014/15. Para que teñan información sobre dito proceso, xúntase a Orde que o regula (Orde de 12 de marzo de 2013) e o mapa educativo coas zonas de influencia dos diferentes colexios públicos. Estamos á espera de recibir instrucións máis concretas.

Atención aos piollos!!

Hoxe enviamos unha circular ás familias, informando da existencia de piollos no colexio. É importante prestar especial atención a eliminalos e, a poder ser, non enviar aos nenos/as ao centro ata que se consiga.

Reparto de froita

A Xunta coa colaboración de FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) comezou a repartir froita entre os nenos/as do cole para fomentar o consumo da mesma e unha alimentación sana.

Visita do equipo de baloncesto Basket Coruña

Onte, día 3 de decembro, visitáronnos catro xogadores do equipo de baloncesto "BASQUET CORUÑA". Déronnos unha charliña aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e fixéronnos uns xogos. Ademais, regalaron a cada un de nós 2 invitacións para ver o partido. Pasámolo moi ben!!

Os traballos de Outono

Fixemos un pequeno video cos traballos que fixéchedes as familias.

Moitas grazas a todos pola vosa participación, creatividade y colaboración !!!

Traballos de outono (video)

Campaña de recollida de roupa

Dende hoxe (día 26 de novembro) ata o mércores (día 11 de decembro), poden recoller no colexio unha bolsa de plástico para doar roupa ou calzado á "Fundación GLORR".

Para máis información, xúntase a circular enviada ás familias.

Saúdos.

Magosto

O pasado xoves, día 14 de novembro, celebramos o magosto no colexio. Ás 11 da mañá, os nenos/as de Educación Infantil e Primaria baixaron ao patio e fixeron diversos xogos relacionados con esta festa de tradición popular. Despois comeron unhas castañas que asamos os profes. Aquí vos deixamos algunha foto.

E aquí o video da festa

Actuación ArcosIris

O venres, día 8 de novembro, viñeron a actuar ao colexio 5 integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia. Aos nenos/as lles encantou, e a verdade é que o fixeron moi, pero que moi ben. Podedes ver parte da actuación premendo nos seguintes vínculos:

ArcosIris Video 1

ArcosIris Video 2

ArcosIris Video 3

Concurso de cabazas

Acordádevos que durante esta semana e ata o venres, día 8, podedes traer cabazas decoradas ao colexio, para o concurso que faremos, co gallo do Samaín. Haberá dous agasallos para as cabazas máis orixinais. A entrega de premios será o día do festival de Nadal, aínda que saberemos o nome dos gañadores/as o próximo luns.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut