Skip to Content

Convocatoria municipal de bolsas de comedor, 2016/17

Hoxe martes, día 5 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia as bases que rexerán a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da A Coruña para o curso 2016/17.

O prazo para solicitalas é do 6 ao 22 de abril, ambos os dous incluídos, e realizarase preferentemente nos Rexistros municipais.

 Adxúntanse as bases, así como os anexos 1 e 2 que se deben presentar, xunto co resto de documentación.

AVISO IMPORTANTE

O centro ten novo número de teléfono e fax.

TELÉFONO: 881960763

FAX: 881960764

Vacacións de Semana Santa

As vacacións de Semana Santa abranguen dende o día 19 ata 28 de marzo.

O martes 29 de marzo comezan as clases. 

Recollida de tapóns e cesto de obxectos perdidos.

 

Por iniciativa da ANPA, vanse recoller tapóns para axudar a Jorge Osa coa súa enfermidade. Hoxe, día 2 de marzo, enviamos unha circular informando deste feito.

Ademais instalouse un cesto onde se depositarán obxectos perdidos, en especial roupa. Estará a disposición das familias na entrada do colexio.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2016-17

Poñemos a disposición das familias dous arquivos adxuntos con información sobre o proceso de admisión, así como sobre o baremo para a mesma.

 

Instrucións sobre normas de entrada ao colexio

Estimadas familias:

        Poñemos no voso coñecemento algunhas normas básicas con respecto á entrada dos alumnos/as no colexio á hora de comezo das clases:

  • A entrada ao colexio para todo o alumnado será, por norma xeral, pola porta “principal” (a de abaixo): tanto para os nenos/as que veñen no bus como para os que veñen coas familias.
  • Cando chova, a entrada farase pola porta pequena para todo o alumnado. Así, dependendo do estado meteorolóxico, estará aberta unha porta ou a outra, indicando o lugar polo que hai que entrar ese día.
  • Se os nenos/as veñen cos pais/nais ou titores/as legais, deben entregárllelos aos mestres/as que estean de garda, non podendo deixalos sos en ningún momento, ata que queden custodiados por persoal do colexio.
  • Para os nenos/as que non veñen no bus, as portas abriranse de 8:50 a 9:00, que é a franxa horaria na que se debe acceder ao centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Todas as familias que o desexedes, podedes vir coñecer o noso centro.

Exclusivamente para pais/nais/titores/as.

 

Bo Nadal!!

O equipo docente do CEIP Manuel Murguía desexa a todas as familias bo Nadal e próspero Ano Novo.

Saúdos.

CAMBIO DE HORARIO NO SERVIZO DE AUTOBUSES DEBIDO AO NOVO DESDOBRE

      A partir de mañá, todos os usuarios de autobús escolar deberán estar na parada 10 minutos antes do que o fan actualmente. A razón deste cambio é debída a que comezamos un desdobre no servizo, para poder dar cabida a todos os alumnos/as que fan uso do mesmo.

      Só os nenos/as da urbanización Breogán teñen a mesma hora de recollida, pois é onde se fai a dobraxe.

2ª Convocatoria de axudas para adquirir material escolar

 
      Publicada no DOG de hoxe a ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
 
     Nesta orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
 
      Podedes consultala aquí.
Distribuir contido


by Dr. Radut