Blog da Biblioteca
SUPERHEROE
Enviado por matepigiz o Ven, 2022-05-27 22:05O 16 de febreiro os alumnos de 3º,4º,5ºe 6º foron invitados pola Biblioteca municipal a un espectáculo de comedia e máxia.Un espectáculo de narración familiar.
"SUPERHEROE" a cargo de Fran Rei
ENQUISA VALORACIÓN BIBLIOTECA
Enviado por deli o Ven, 2022-05-20 10:11Aquí vos deixamos a enquisa para valorar a nosa biblioteca e as actividades que propón. Por favor animádevos a cubrila, é totalmente anónima e a vosa opinión axudarianos a mellorar.
SEMANA DO LIBRO ABRIL 2022
Enviado por deli o Mér, 2022-05-18 10:27Aquí vos deixamos un video coas fotos das actividades realizadas durante a Semana do Libro e dos Dereitos do Autor/a. Esparamos que vos guste.
VISITA DE CARLOS LABRAÑA
Enviado por deli o Xov, 2022-05-12 09:30O pasado martes recibimos a Carlos Labraña, dramaturgo cedeirés que chegou ao noso cole sendo un trasno qu non sabía ler e marchou sendo un escritor prolífero de teatro para nenos/as. Foi unha xornada incríble chea de diversión, sorpresas, imaxinación, creatividade,....Comezamos atopando un cofre do tesouro cheo de libros, pasamos logo a xogar a "maquina de crear contos e tamén fixemos lecturas teatrais. Dámoslle as grazas a Carlos por ensinarnos tantas cousa sobre o teatro e a interpretación.
Aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns momentos da mañá. Estade atentos/as, subiremos un video coas actividades da Semana do Libro
SEMANA DO LIBRO CON MOTIVO DO 23 DE ABRIL "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR"
Enviado por deli o Ven, 2022-04-29 13:50*Sabías que o día 23 de abril é un día simbólico para a Literatura Mundial??? Contámosvos o por que??? Pois ben, foi elexido este día como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR" porque o 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, grandes escritores da literatura universal. Hai que contar Cervantes en realidade morreu o 22 de abril, pero foi enterrado o 23 (calendario gregoriano), e encanto a Shakespeare, ese 23 de abril corresponde ao calendario xuliano, vixente en Inglaterra naquela época polo que non é exactamente o23 de abril do calendario gregoriano.
Nós, para celebralo, programamos algunhas actividade como as que vedes máis abaixo
"O FARO DO ORTEGAL SEMANA DA PRENSA
Enviado por deli o Mér, 2022-04-27 10:32Ola, aquí vos deixamos unha presentación doutra das actividades que realizamos na nosa biblioteca para celebrar a SEMANA DA PRENSA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »