Blog da Biblioteca
SEMANA DA PAZ
Enviado por matepigiz o Xov, 2022-03-03 23:01Durante a semana pasada todo o alumnado estivo traballando sobre A PAZ: individualmente, por grupos, por clases,... para conseguir unha actividade final que realizamos todos xuntos o pasado luns, 7 de febreiro. Foi unha semana moi intensa pero mereceu a pena, e o luns foi un día moi especial onde nos responsabilizamos e, á vez, gozamos dunha actividade moi especial, na cal o alumnado estivo á altura e portouse xenial. Estiveron a gravarnos e, nuns días subiremos o video á web para que as familias tamén podan gozar do traballo dos/as nenos/as. Esta é unha pequena mostra do traballo realizado.
SUBINDO DESEXOS ÁS NUBES
Enviado por matepigiz o Mar, 2022-03-01 18:40SUBINDO DESEXOS ÁS NUBES
Queremos deixar constanciadalgúns dos desexos que os nosos/as nenos/as subiron ás nubes, oxalá se lles cumpran:
" Que todos/as vivamos ben"
"Que os /as nenos/as pobres teñan cama, casa, familia e diñeiro"
"Desexo que Deus coide dos/as nenos/as pobres e dos adultos e lles dea comida"
"Me gustaría que hubiera paz mundial"
"Desexo que todos/as nenos/as teñan liberdade"
" Desexo que todos/as nenos/as sexamos respectados e que teñamos un fogar"
...
E moitísimas más que podemos ler entre as nubes.
FELICITACIÓN DE NADAL 2021 E VISITA DOS REIS MAGOS
Enviado por matepigiz o Sáb, 2022-02-19 18:12"FELICITA O NADAL EN GALEGO"
Todo o alumnado e profesorado elaboraron unha tarxeta felicitando o nadal en galego.
VISITA DOS REIS MAGOS
Doutra banda:
O día 21 de decembro os Reis Magos visitaron o noso colexio co obxectivo de recoller as cartas dos nenos/as e ofrecerlles un pequeno agasallo.
MAGOSTO
Enviado por matepigiz o Sáb, 2022-02-12 17:59Os refráns elexidos foron:
- . Se ves as estrela brillar, sal, mariñeiro, ó mar.
- . Gaiteiro pago, nunca ven toca.
- . Costureira sen dedal cose pouco e cose mal.
SAMAÍN 2021
Enviado por matepigiz o Dom, 2022-01-23 21:53CONCURSO DE CABAZAS: Dende o 25 ao 29 de outubro recolléronse para a exposición ás cabazas que foron traendo os rapaces.
Os gañadores do concurso foron:
Moitas grazas a todos os participantes pola súa creatividade e colaboración. E moi especialmente aos gañadores
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Enviado por matepigiz o Mér, 2021-12-15 19:11Hoxe 25 de outubro, para celebrar o día das bibliotecas, a nosa mascota , MULTILEO, recibiu a todos os alumnos do cole. Mantendo unha pequena charla sobre libros, historias ...Ademais entregou uns marca páxinas aos máis pequenos do centro.
Por outra banda , tamén participamos coa Biblioteca Municipal nun concurso de marca páxinas. Os gañadores foron :
Lola Breijo Novo
6º de Educación Infantil
Ainoa Ferro Barbosa
2º de Educación Primaria
Sabela Martínez Bellas
3º Educación Primaria
Carolina Novo Armada
6º Educación Primaria
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »