Secretaría
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/2020
Enviado por maria o Sáb, 2019-06-15 23:49O período para a formalización da matrícula do alumnado admitido de E. Infantil e E. Primaria para o vindeiro curso 2019/2020 será do
20 ao 30 de xuño.
Documentación:
-
Anexo III-1 (Pódese recoller no Centro ou descargar aquí),
-
Dúas fotografías tamaño carné.
Libros de texto e material escolar para o curso 2019-2020
Enviado por Fran Macias o Ven, 2019-06-14 15:09
IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º)
O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2019
A partires do día 1 de xullo e ata o 12 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2019
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 3 de xullo de 2019 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 8 de xullo de 2019.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar 2019-2020.
PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NA SÚA CONTORNA
Enviado por maria o Lun, 2019-05-27 13:19O vindeiro martes, día 28 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla informativa sobre os "Riscos de Internet", impartida por José Antonio Franco, formador do Plan Director e dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores.
Pola mañá asistirá a esta charla o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Esperámosvos!!!
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por maria o Dom, 2019-05-26 20:00Durante os días 28 e 29 de maio aplicaranse no colexio as probas da avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de E. Primaria.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190503/AnuncioG0534-230419-0007_gl.html
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020
Enviado por maria o Mar, 2019-05-21 19:55PRAZO:
Desde o día 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive.
DESTINATARIOS:
Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP, xa que o alumnado matriculado en 5º e 6º de
EP disporá dos ordenadores do proxecto E-Dixgal para acceder aos libros dixitais.
Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
Axudas para material escolar: alumnado matriculado en todos os cursos de EP.
PRESENTACIÓN:
As solicitudes poden presentarse:
-
A través da aplicación informática "Fondolibros" https://www.edu.xunta.es/fondolibros cubrindo e gardando a solicitude para presentala no centro ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
-
No colexio, recollendo o modelo de solicitude.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
-
A solicitude cuberta e asinada polo/a: pai/ nai/ titor/ a do alumno/a.
-
Fotocopia do DNI/ NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.
-
Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar a situación de 31 de decembro de 2017 (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/ volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación e/ ou sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou convenio regulador onde conste a custodia do/ a menor).
-
Grao de discapacidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).
-
Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestadeprorrogada/ rehabilitada…
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190520_fondolibros.pdf
LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
Enviado por maria o Mar, 2019-05-14 13:00Pode acceder á lista definitiva de admitidos para o curso 2019/2020 en:
O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »