Secretaría
AVALIACIÓN DURANTE O ESTADO DE ALARMA
Enviado por Jesusorizales o Lun, 2020-03-30 03:47Ante a situaciíon de Estado de Alarma, e véndonos da imposibilidade de dar en man o boletín de notas da 2ª Avaliación, queremos informarvos de que está a disposición das familias a aplicación de móbil abalarMóbil na que podedes recibir as calificacións dos voso fillo/a, así coma outras notificacións por parte do profesorado ou do centro. esta aplicación estase a usar dende hai xa moitos anos ppola Consellería, servindo para toda a escolarización do alumno/a, dende educación Infantil ata Bacharelato. Podedes descargarla tanto no móbil como na táblet. para ter máis información pinchade no seguinte enlace:
PROPOSTAS ACTIVIDADES
Enviado por Cristina o Mar, 2020-03-24 11:34Estimadas familias: queremos informarvos que na Aula Virtual están publicadas para algúns cursos recomendacións e actividades que podedes realizar xunto cos rapaces e rapazas.No ESPAZO FAMILIAS ou no ESPAZO ALUMNAS E ALUMNOS podédelas atopar diferenciadas por cursos.
CORONAVIRUS
Enviado por Jesusorizales o Ven, 2020-03-20 16:41O Ministerio de Sanidade dicta unha instrucción que permite ás persoas con Trastorno do Espectro Autista saír á rúa acompañadas mentres dure o estado de alarma.
Máis imformación neste enlace da
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2020-03-17 14:03PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
CURSO 2020/2021
Novas instrucións sobre o prceso de admisión por mor do COVID-19
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
CORONAVIRUS
Enviado por Jesusorizales o Dom, 2020-03-15 22:35Suspéndese a recollida de material e actividades no centro por parte das familias de alumnos.
CORONAVIRUS
Enviado por Jesusorizales o Xov, 2020-03-12 14:28Segundo o anuncio da Consellería de Educación sobre o coronavirus para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 adoptarase no centro as seguintes medidas relativas ao alumnado:
- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »