Equipo TIC
CANCELACIÓN II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Enviado por Noemí Caaveiro o Mér, 2020-04-29 11:10Dadas as circunstancias de confinamento que estamos a vivir e as dificultades que o alumnado e as familias puideron presentar para poder participar no concurso, o equipo TICs decidiu cancelar a convocatoria deste ano do Concurso de Fotografía.
Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar e agradecemos o esforzo do alumnado que ata o de agora presentara as súas propostas.
Ánimo a todas as familias e especialemente, ao noso alumnado!
Xa queda menos!
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Enviado por Noemí Caaveiro o Mér, 2020-01-29 16:19
O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o
II CONCURSO FOTOGRÁFICO
“PON O TEU OBXECTIVO NOS 3 Rs” (recicla, reduce e reutiliza)
Curso 2019-2020
PARTICIPACIÓN:
O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.
TEMA:
1.O tema do concurso será “PON O TEU OBXECTIVO NOS 3 Rs” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante unha fotografía como eles e/ou as persoas da súa contorna contribúen realizando accións que nos axudan a Reciclar, Reducir e /ou Reutilizar produtos de refugallo, ou mesmo con fotografías que amosen o efecto contrario de como NON reciclar está prexudicando o noso medio ambiente.
FOTOGRAFÍAS:
2.Só se aceptará unha foto por alumno (poden ser fotos nas que só se reflicta unha das Rs ou todas xuntas),
3.As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (3-02-2020)
4.Xa que se trata dun concurso escolar permitirase, ata certo punto, que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.
5.Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.
ENTREGA DAS OBRAS:
6.As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.
7.O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.
8.En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.
9.As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofotografia2020@gmail.com poñendo como asunto: “Obxectivo 3Rs”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:
TÍTULO DA OBRA
NOME E APELIDOS DO ALUMNO/A
CURSO DO ALUMNO/A
NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO/A
PRAZO:
10.O prazo de presentación das fotografías será dende o 3 de febreiro de 2020 ata o 17 de abril de 2020.
PUBLICACIÓN:
11.As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2020. Tamén serán expostas fisicamente no centro.
FALLO:
12.O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 8 de maio de 2020.
13.O xurado valorará a orixinalidade, creatividade e sensibilización coa temática das obras presentadas.
14.Descartaranse e quedarán fóra de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.
CATEGORÍAS
Haberá tres categorías tendo en conta o nivel educativo
CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil
CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
CATEGORÍA 3: Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
PREMIOS:
Haberá por cada categoría un 1º PREMIO E UN 2º PREMIO.
Tamén se outorgará un premio á FOTO CON MÁIS ECO-CONCIENCIA independentemente da categoría.
Os premios consistirán nunhas gafas de realidade virtual "Google Cardboard 3D".
FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O QUE ME GUSTA"
Enviado por Jesusorizales o Xov, 2019-05-02 22:00Reunido o xurado para a concesión dos premios do concurso de fotografía "O que me gusta" constituido polo equipo TIC do centro e téndose presentado 21 traballos chegouse ao seguinte FALLO:
Categoría EDUCACIÓN INFANTIL
Primeiro Premio:
TÍTULO: Mi primo busca en la lavadora
AUTOR: Martín Novo Rodríguez
CURSO: Infantil 5 anos
Segundo Premio:
TÍTULO: O meu canciño Charly
AUTOR: Valeria Ramos Armada
CURSO: Infantil 4 anos
Categoría Educación Primaria Cursos 1º, 2º e 3º
Primeiro Premio:
TÍTULO: Pártome de risa
AUTOR: Ainhoa Martínez Armada
CURSO: 2º de Primaria
Segundo Premio:
TÍTULO: La playa de Kena
AUTOR: Sara Pita Tojeiro
CURSO: 2º de Primaria
Categoría Educación primaria Cursos 4º, 5º e 6º
Primeiro Premio:
TÍTULO: Águila calva
AUTOR: Adrián Pita Vázquez
CURSO: 4º B de Primaria
Segundo Premio:
TÍTULO: O eucalipto
AUTOR: Celina de Saavedra
CURSO: 6º de Primaria
Premio á fotografía máis ORIXINAL E CREATIVA
TÍTULO: Ónde está pipo?
AUTOR: Aroa Lorenzo Fraguela
CURSO: 2º de Primaria
Os premios serán entregados aos gañadores nas celebracións do día das Letras Galegas o próximo 16 de maio sempre e cando os teñamos recibido para ese momento. De non ser así entregaránse en días posteriores.
A todos os participantes se lles entregará un diploma de participación.
As obras participantes serán expostas no centro nos próximos días.
O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne quede agradecer a todos os concursantes a súa participación e dar os nosos parabéns aos gañadores.
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Enviado por Jesusorizales o Ven, 2019-01-11 01:17O equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne convoca o
CONCURSO FOTOGRÁFICO
"O QUE ME GUSTA"
curso 2018-2019
PARTICIPACIÓN:
O concurso está aberto á participación de todo o alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño.
TEMA:
-
O tema do concurso será “O QUE ME GUSTA” coa idea de que o alumnado participante exprese mediante a fotografía os seus gustos e preferencias en canto a intereses, afeccións, obxectos, sentimentos, ideas, situacións, momentos, lugares, animais, persoas, etc.
FOTOGRAFÍAS:
-
Só se aceptará unha foto por alumno.
-
As fotos deberán ser orixinais con data non anterior á desta convocatoria. (11-01-2019)
-
Xa que se trata dun concurso escolar permitirase hasta certo punto que os adultos aconsellen e axuden aos e as participantes tendo ben en conta que o alumno/a ten que ter unha participación maioritaria na realización da fotografía e sobre todo na eleción da escena a fotografiar.
-
Nas fotografías non poderán aparecer persoas identificables e en calquera caso contarase co consentimento de calquera persoa que apareza nas mesmas.
ENTREGA DAS OBRAS:
-
As fotos entregaranse en formato dixital obtidas a través dunha cámara dixital, móbil, tablet ou dispositivo similar.
-
O formato será JPG / JPEG cun tamaño aproximado aconsellado de 3200 x 2400 pixeles.
-
En ningún caso a fotografía poderá ser editada ou se lle aplicarán filtros, nin será recortada, a excepción de axustes básicos mínimos de brillo/contraste.
-
As imaxes que participarán no concurso enviaranse adxuntas nunha mensaxe de correo electrónico á dirección seguinte: concursofoto2019@gmail.com poñendo como asunto: “Fotoconcurso 2019”. No corpo da mensaxe constarán os seguintes datos:
TÍTULO DA OBRA
NOME E APELIDOS DO ALUMNO
CURSO DO ALUMNO
NOME E APELIDOS E TELÉFONO DO RESPONSABLE LEGAL DO ALUMNO
PRAZO:
-
O plazo de presentación das fotografías será dende o 11 de xaneiro de 2019 ata 0 12 de abril de 2019.
PUBLICACIÓN:
-
As fotos recibidas iranse publicando na Galería do CEIP Manuel Fraga Iribarne na carpeta FOTOCONCURSO 2019. Tamén serán expostas fisicamente no centro.
FALLO:
-
O xurado, que estará formado polo equipo TIC do CEIP Manuel Fraga Iribarne publicará o seu fallo na páxina web do centro (“colecarino.net”) a partir do 2 de maio de 2019.
-
O xurado valorará a orixinalidade e creatividade das obras presentadas.
-
Descartaranse e quedarán fora de concurso as obras que carezan dun mínimo de calidade técnica ou que sexan de mal gusto ou ofensivas para as persoas.
CATEGORÍAS:
Habera tres categorías tendo en conta o nivel educativo:
CATEGORÍA 1: Alumnado de Educación Infantil.
CATEGORÍA 2: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
CATEGORÍA 3; Alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
PREMIOS:
Haberá por cada categoría un PRIMEIRO PREMIO E UN SEGUNDO PREMIO. Tamén se outorgará un premio á FOTO MÁIS ORIXINAL E CREATIVA independentemente da categoría.
Os premios consistirán nunha ampliación enmarcada da obra acreedora do premio correspondente.