Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS

00/00/
Array

Dentro das actividades programadas para a celebración do Magosto organizamos un concurso para elixir a porta  máis terrorífica do colexio e...xa temos gañadores:

6ºA

 Demostrastes unha gran capacidade creativa.

Parabéns para todos e todas!!!

Preme nas imaxes se queres ver as portas de todas as aulas.

 

COLABORACIÓN CO CONCELLO: MARCAPÁXINAS

00/00/
Array

Seguindo coa celebración do Día das Bibliotecas Escolares, este ano realizamos unha colaboración coa biblioteca do concello. Os nenos de Educación Infantil fixeron uns debuxos para a posterior selección de un, que é o que ilustra os marcapáxinas/calendarios deste ano. A elixida foi Vania Álvarez Rubido, de 6º de Educación Infantil. Noraboa!!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014

00/00/
Array

Este curso, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares os alumnos de 3º prepararon unha obra de teatro de sombras: Samaín, conmemorando así tamén esta festividade.

Concurso de Postres 2014

00/00/
Array

 Con motivo da celebración do MAGOSTO imos organizar un Concurso de Postres para o xoves, 6 de novembro.

 BASES DO CONCURSO

  • Podedes presentar calquera tipo de postre elaborado artesanalmente na casa, coa condición de que o ingrediente principal sexa algún froito típico do outono.
  • Os postres deberán ser presentados no cole entre os días 5 e 6 de novembro.
  • O concurso estará dotado de tres premios:
Máis saboroso
Máis orixinal
Máis dificultade na súa elaboración
  • Cada postre deberá vir acompañado dun cartel identificativo que vos entregará o titor/a, no que indicaredes: o nome do postre, os ingredientes, o reposteiro e o curso.

 As receitas gañadoras serán publicadas no xornal escolar "O Espigonciño" e na páxina web do Centro.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E... SORTE!!!

COMEZO DE CLASES 2014/2015

00/00/
Array

Sesión de cine

00/00/
Array

Hoxe, xoves, ás 12:15 haberá unha Sesión de cine en Galego no Auditorio á que asistirán os alumnos/as de E. Primaria. Proxectarase a película:


UNHA SERIE DE SUCESOS DESAFORTUNADOS

Distribuir contido